Carlos Callón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Carlos Manuel Callón Torres.jpg|thumb|225px|Carlos Callón.]]
[[Ficheiro:Carlos Manuel Callón Torres.jpg|thumb|225px|Carlos Callón.]]


'''Carlos Manuel Callón Torres''' é un político do [[BNG]], nado en [[Ribeira, Ribeira|Santa Uxía de Ribeira]] o [[26 de agosto]] de [[1978]], é licenciado en [[filoloxía]]s [[lingua galega|galega]] e [[Portugués|portuguesa]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. É profesor de lingua e [[literatura galega]] no ensino secundario.
'''Carlos Manuel Callón Torres''' é un político do [[BNG]], nado en [[Ribeira, Ribeira|Santa Uxía de Ribeira]] o [[26 de agosto]] de [[1978]]. É licenciado en [[filoloxía]]s [[lingua galega|galega]] e [[Portugués|portuguesa]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. É profesor de lingua e [[literatura galega]] no ensino secundario.


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 11 de decembro de 2011 ás 20:54

Carlos Callón.

Carlos Manuel Callón Torres é un político do BNG, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978. É licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario.

Traxectoria

A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización que preside desde 2002. Foi concelleiro do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e foi membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 2001 e 2002. Preside tamén o padroado da Fundación Vía Galego, a Fundación Via Galego[1] (desde a sua constitución en 2006) e a federación estatal Diverslinguae (desde 2008).

É membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[2]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña.

Obra

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do goberno de Emilio Pérez Touriño[3] e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[4].

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[5], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.

Ensaio

  • Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela), 2005, A Nosa Terra.
  • En castellano no hay problema, 2010, Xerais.
  • Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, 2011, Sotelo Blanco.
  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, 2011, Xerais.

Premios

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas