Bandeira de Mónaco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: bs:Zastava Kneževine Monako; cambios estética
m r2.7.1) (Bot: Elimino: bs:Zastava Kneževine Monako
Liña 46: Liña 46:
[[bg:Национално знаме на Монако]]
[[bg:Национално знаме на Монако]]
[[bpy:মোনাকোর ফিরালহান]]
[[bpy:মোনাকোর ফিরালহান]]
[[bs:Zastava Kneževine Monako]]
[[ca:Bandera de Mònaco]]
[[ca:Bandera de Mònaco]]
[[cs:Monacká vlajka]]
[[cs:Monacká vlajka]]

Revisión como estaba o 11 de decembro de 2011 ás 11:03

 [[|]] A bandeira de Mónaco está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior e branca a inferior, cores heráldicas da Casa de Grimaldi dende polo menos o ano 1339. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do escudo de armas que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a Francia de 1793 a 1814). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o 4 de abril de 1881. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de prata e goles") moi usado durante o século XVII.

Outras bandeiras

Bandeira de Estado

A bandeira de Estado de Mónaco é de cor branca, as proporcións da súa anchura e lonxitude son de 2:3. No centro da bandeira figura o escudo de Mónaco. Esta bandeira ten poucos usos respecto doutros países: Ízase no palacio do Príncipe, nalgunhas dependencias gobernamentais e como estandarte do Príncipe cando accede ao seu barco.

Estandarte do Príncipe

O estandarte do Príncipe é de cor branca e as súas dimensións son de 3:4 ou 5:6 se se usa con flocos. No centro figuran a coroa do Príncipe (que é unha coroa real) e dúas letras opostas que reproducen a inicial do nome de cada príncipe soberano.

Galería

Bandeiras semellantes

Excepto polas súas proporcións, a bandeira de Mónaco é idéntica ás bandeiras de Indonesia e do estado alemán de Hesse, aínda que ámbalas dúas son máis longas. Tamén é semellante á bandeira de Singapur, a cal ten ademais unha lúa crecente e cinco estrelas na parte superior esquerda, á de Polonia e á do estado alemán de Turinxia, estando nestas últimas dúas as cores invertidas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas