Deron Williams: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ru:Уилльямс, Дерон
Liña 82: Liña 82:
[[pl:Deron Williams]]
[[pl:Deron Williams]]
[[pt:Deron Williams]]
[[pt:Deron Williams]]
[[ru:Уильямс, Дерон]]
[[ru:Уилльямс, Дерон]]
[[simple:Deron Williams]]
[[simple:Deron Williams]]
[[sr:Дерон Вилијамс]]
[[sr:Дерон Вилијамс]]

Revisión como estaba o 11 de decembro de 2011 ás 06:24

Deron Williams
Beşiktaş Cola Turka – No. 8
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 26 de xuño de 1984 (39 anos)
Parkersburg, Virxinia Occidental
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Salario 14.940.142 $
Información da carreira
Instituto The Colony, Texas
Universidade Illinois
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Utah Jazz
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Utah Jazz (2005-2011)
New Jersey Nets (2011)
Beşiktaş (2011-presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2010)
1× Skills Challenge (2008)
Información en nba.com

Deron Michael Williams, nado o 26 de xuño de 1984 en Parkersburg, Virxinia Occidental, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense, que xoga no Beşiktaş da liga turca. Mide 1,91 metros, pesa 95 kg e xoga na posición de base.

Traxectoria deportiva

Universidade

Williams comezou a súa andaina no baloncesto universitario no ano 2002, incorporándose ao equipo da Universidad de Illinois. No seu primeiro ano foi titular en 30 dos 32 partidos, rematando na terceira posición do ranking dos mellores pasadores da súa Conferencia, a Big Ten. No seu segundo ano mellorou a súa media anotadora de 6,3 a 14 puntos, pasando a liderar ao equipo neste apartado, e mellorou a súa porcentaxe de asistencias, pasando a dar 6,1 por partido. Foi elixido no mellor quinteto da súa conferencia tanto polos adestradores coma pola prensa especializada.

En 2005 levou ao seu equipo á Final da NCAA, onde perderon ante a Universidad de Carolina del Norte. Ao rematar a tempada, e un ano antes de finalizar a súa carreira universitaria, declarouse elixible para o Draft da NBA.

Profesional

Foi elixido na terceira posición do Draft da NBA de 2005 polos Utah Jazz, por detrás do australiano Andrew Bogut e de Marvin Williams. Comezou a súa primeira tempada coma profesional dende o banco, aínda que pouco a pouco foi entrando no quinteto titular do equipo. Rematou a súa tempada de novato con 10,8 puntos e 4,5 asistencias, o que fixo que fora elixido no mellor quinteto de rookies do ano. Deron comezou a tempada 2006-2007 coma titular, e os Jazz tiveron o mellor arranque da súa historia, con 12 partidos gañados por 1 perdido. Esta foi a tempada da súa confirmación, conseguindo ademais 5 dobres-dobres e rematando o ano con 16,2 puntos e 9,3 asistencias de media. Nos seus dous primeiros anos coma profesional participou en ámbolos dous no Rookie Challenge do All-Star Weekend, o partido entre novatos e xogadores de segundo ano da festa anual da NBA.

O seu terceiro ano na NBA foi a súa tempada de maior recoñecemento. Converteuse na estrela do equipo xunto a Carlos Boozer e aumentou as súas estadísticas ata chegar aos 18,8 puntos e 10,5 asistencias, facendo así un dobre-dobre de media. Por isto e por conseguir que os Utah Jazz se clasificaran no 5º posto da súa conferencia foi incluído no segundo mellor quinteto da NBA. Acudiu, tamén ao concurso de habilidades do All Star da NBA. Na eliminatorias polo título o equipo caeu eliminado en Semifinais de Conferencia ante Los Angeles Lakers por 4-2.

No ano 2008 celebráronse en Pequín as Olimpíadas, e Deron foi escollido para formar parte do equipo estadounidense de baloncesto, que formara un dos mellores conxuntos da súa historia. Tras un torneo moi exitoso os norteamericanos conseguiron o ouro olímpico. Na tempada tempada 2008-09 os Jazz sufriron un descenso na clasificación por mor das constantes lesións dos seus principais xogadores e a falta de ritmo do equipo (Carlos Boozer, Deron Williams e Andrei Kirilenko perdéronse: 45, 14 e 15 encontros, respectivamente). Williams mantivo o nivel das súas estadísticas con 19,4 puntos e 10,7 asistencias. Nos playoffs da NBA volveron a ser eliminados polos Lakers por un contundente 4 a 1.

Logros personais

Curiosidades

  • A súa nai, Denise Smith, e a súa tía, Judy Ward, xogaron ao baloncesto e ao voleibol en West Liberty State.
  • Os seus xogadores favoritos son Jason Kidd e Frank Williams.
  • A súa película preferida é Friday.
  • Ten unha filla chamada Danae.
  • Aínda non foi seleccionado para xogar o partido das estrelas do All-Star Game.

Véxase tamén

Ligazóns externas