La: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: su:Wol
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Vilna
Liña 51: Liña 51:
[[ln:Nkunza ya mpatá]]
[[ln:Nkunza ya mpatá]]
[[lt:Vilna]]
[[lt:Vilna]]
[[lv:Vilna]]
[[mr:लोकर]]
[[mr:लोकर]]
[[nds:Wull]]
[[nds:Wull]]

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2011 ás 20:22

Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La, e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano.
Imaxe dun feixe de la.

A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.

O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.

Obtención

As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano de un a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo trátese dunha raza ou outra.

As partes illadas do vellón mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vellón ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.

Modelo:Link FA