Eclecticismo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Eklektisisme |
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Eklektizismo; cambios estética |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
No século XIX rebrotou aínda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo [[Victor Cousin]], que tratou de xuntar o [[idealismo]] de [[Immanuel Kant]], a filosofía do sentido común e as doutrinas indutivas de [[René Descartes]]. |
No século XIX rebrotou aínda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo [[Victor Cousin]], que tratou de xuntar o [[idealismo]] de [[Immanuel Kant]], a filosofía do sentido común e as doutrinas indutivas de [[René Descartes]]. |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Conceptos filosóficos]] |
[[Categoría:Conceptos filosóficos]] |
||
[[Categoría:Correntes filosóficas]] |
[[Categoría:Correntes filosóficas]] |
||
[[Categoría:Sincretismo]] |
[[Categoría:Sincretismo]] |
||
⚫ | |||
[[ar:تركيبية]] |
[[ar:تركيبية]] |
||
Liña 31: | Liña 28: | ||
[[es:Eclecticismo]] |
[[es:Eclecticismo]] |
||
[[et:Eklektitsism]] |
[[et:Eklektitsism]] |
||
[[eu:Eklektizismo]] |
|||
[[fi:Eklektinen]] |
[[fi:Eklektinen]] |
||
[[fr:Éclectisme]] |
[[fr:Éclectisme]] |
Revisión como estaba o 9 de decembro de 2011 ás 03:39
Eclecticismo (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en Filosofía a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas ainda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.
Historia e desenvolvemento
O eclecticismo desenvolveuse en Grecia a partires do século II a. C. como unha maneira de sintetizar os grandes achados intelectuais da filosofía clásica anterior dos presocráticos, Platón e Aristóteles. Por exemplo, Antíoco de Ascalón compaxinou o estoicismo e o escepticismo, e Panecio de Rodas baseou o seu pensamento no platonismo e no estoicismo.
Os pensadores romanos, que nunca desenvolveron un sistema filosófico propio, inclináronse por este tipo de pensamento: Cicerón, por exemplo, que asimilou teorías do estoicismo, do escepticismo e dos peripatéticos, sen considerar a súa desunión esencial.
Entre os cristiáns, Clemente de Alexandría e Oríxenes combinaron a metafísica grega e as ideas xudeocristiás das Santas Escrituras. Xa a finais da Idade Media, o mestre da Devotio moderna Eckhart formulou un sistema de filosofía cristiá baseado en Aristóteles, os seus comentaristas árabes medievais, o neoplatonismo e a Cábala ou mística hebrea.
Eclecticismo en Europa
En España, o Eclecticismo desenvolveuse no seo da Ilustración do século XVIII como única escola alternativa á escolástica dominante sen suscitar os receos da Inquisición e nese senso destacan pensadores como Benito Xerónimo Feijoo ou o médico e lóxico aragonés Andrés Piquer..
No século XIX rebrotou aínda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo Victor Cousin, que tratou de xuntar o idealismo de Immanuel Kant, a filosofía do sentido común e as doutrinas indutivas de René Descartes. revisión de licenza: este artigo é unha tradución de