Serra Nevada: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Sierra Nevada (Espainia) |
m r2.7.1) (Bot: Engado: el:Σιέρρα Νεβάδα (Ισπανία) |
||
Liña 57: | Liña 57: | ||
[[da:Sierra Nevada (Spanien)]] |
[[da:Sierra Nevada (Spanien)]] |
||
[[de:Sierra Nevada (Spanien)]] |
[[de:Sierra Nevada (Spanien)]] |
||
[[el:Σιέρρα Νεβάδα (Ισπανία)]] |
|||
[[en:Sierra Nevada (Spain)]] |
[[en:Sierra Nevada (Spain)]] |
||
[[eo:Sierra Nevada (Hispanio)]] |
[[eo:Sierra Nevada (Hispanio)]] |
Revisión como estaba o 8 de decembro de 2011 ás 15:06
Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do sudoeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais. É o macizo montañoso máis alto de toda Europa occidental despois dos Alpes. A súa altitude máxima atópase no pico Mulhacén, de 3.482 metros.
Historia e orixe do nome
Existen referencias á Serra Nevada desde a antigüidade. Plinio o Vello xa mencionou no século I a existencia do monte Solarius na zona fronteiriza entre as provincias romanas hispanas da Bética e a Tarraconense. Durante a época visigoda, Isidoro de Sevilla falou do monte Solorio, derivada de mont Oriens, «monte no que loce o sol antes de saír». Máis adiante, diversos autores islámicos a mencionan, denominándoa uns Yabal Sulayr (monte do Sol e do Aire), Yabal-al-Tay (monte da Neve) e outros simplemente Sulayr. Outras denominacións posteriores foron monte do Sol, do Aire e do Sol, da Neve e tamén Serra da Xeada, sendo a partir do século XVIII bautizada como é coñecida hoxe: Serra Nevada.
Durante o século XVI foi escenario da Rebelión das Alpujarras. Posteriormente, no século XVIII marca o inicio de diversas expedicións, nas que, influídos polo espírito da Ilustración, comezouse a explorar sistematicamente a serra. Así, sobresaen a dirixida polo marqués da Ensenada, á que seguiron outras protagonizadas por importantes científicos, especialmente botánicos, biólogos e xeólogos. Estes comezaron a describir nas súas obras a importantísima riqueza natural da serra. Autores como Washington Irving establecéronse nas súas inmediacións no século XIX. A finais deste, Ángel Ganivet, a sazón de cónsul de España en Finlandia, comentou nalgún dos seus escritos [1] que a serra podería converterse na «Finlandia andaluza», pola existencia de neve máis de 6 meses ao ano. Xa no século XX, o escritor e hispanista británico Gerald Brenan adicou a súa obra Al sur de Granada a inmortalizar a máis significativa das comarcas da serra, a Alpujarra.
No en 1925 construíuse un tranvía-ferrocarril desde Granada ata a localidade próxima de Güejar-Sierra, que aínda que foi clausurado nos anos 70 marcou en Granada un antes e un despois no coñecemento da serra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Información
- Noticias sobre a estación de esquí de Serra Nevada
- Foro sobre a estación de esquí de Serra Nevada
- Microweb turística de Serra Nevada realizada polo Patronato de Turismo de Granada
- Parque Natural de Serra Nevada, Consejería de Medio Ambiente da Junta de Andalucía
- Artigo sobre Serra Nevada en la revista Consumer
- Foto de satélite en Google Maps
- Fotos panorámicas de Sierra Nevada
- Galería de fotos
- Galería de fotos 2
- Sitio web oficial de la estación de esquí de Sierra Nevada
- Puerto de la Ragua, estación de esquí de fondo
- Mapa de Serra Nevada
- Parque Nacional Serra Nevada: Espacios protegidos en España
Datos bioclimáticos
Flora, fauna e xeoloxía