Diferenzas entre revisións de «Clorofluorocarbonos»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
correccións
(correccións)
[[Ficheiro:Chlorofluorocarbons_(space-filling_representation).jpg|right|thumb|[[Molécula]]s de CFC]]
Coñécense como '''clorofluorocarbonos''' (CFCs) a todo un grupo de compostos orgánicos sintéticos derivados do [[metano]] ou do [[etano]], nos que os átomos de [[hidróxeno]] foron substituídos, parcial ou totalmente, por átomos de [[flúor]], [[cloro]] e/ou [[bromo]]. Este grupo inclúe os seguintes : CFC-11, CFC-12, CFC-113, CFC-114, CFC-115 e moitas formas de [[freón]]. Son incoloros , inodoros , inocuos e estables cando se emiten. Poden durar máis de cen anos na [[estratosfera]].
 
Estes sonSon compostos de orixe artificial, que se emiten á [[atmosfera terrestre|atmosfera]] principalmente a través de fugas nos procesos de fabricación, así como dos elementos dos que forman parte por dexeneración dos materiais que conforman.
 
Son unhas substancias moi estables (alta estabilidade físico-química e nula toxicidade), o que estendeu a súa aplicación como refrixerantes, illantes, propelentes, emulsionantes e limpadores. Foron introducidos a principios dos trinta por enxeñeiros dode General Motors, para substituír a materiais perigosos como o [[dióxido de sulfuro]] e o amoníaco. Prohibiuse a súa produción o [[31 de decembro]] de [[1995]] en Estados Unidos debido a que destrúen a capa de ozono. Agora só poden empregarse, de forma limitada , os CFCs reciclados e almacenados.
 
Tamén son un gas con [[efecto invernadoiro]] porque absorben a calor da [[atmosfera]], envían parte da [[calor]] absorbida de regreso á superficie do planeta e contribúen ó seu quentamento.
 
A exposición directa a algúns tipos de CFC pode causar perda de coñecemento, dificultade respiratoria e irregularidade dos latidos do [[corazón]]. Tamén pode causar confusión, mareo, tose, dor de garganta, dificultade respiratoria e dor nos ollos. En contacto coa pel, algúns poden causar queimaduras por frío ou sequidade da pel.
 
==Repercusión sobre a capa de ozono==
O mecanismo a través do cal atacan á [[ozonosfera|capa de ozono]] é unha reacción fotoquímica: ó incidir a radiación UV sobre a molécula de CFC, libérase un átomo de cloro cun electrón libre (denominado radical cloro), moi reactivo e con grande afinidade polas moléculas de ozono, ás cales rompe. Estímase que un só átomo de cloro é capaz de destruír ata 100000100.000 moléculas de ozono. Este proceso de destrución do ozono pode durar cen anos.
 
O descubridor desta ameaza foi o científico mexicano Mario J. Molina (1943), quen o 11 de outubro de 1995 recibiu o [[Premio Nobel de Química]], en recoñecemento das súas investigacións neste campo .
 
==Véxase tamén==
* http://calidaddelaire.navarra.es/calidadaire/contaminantes_cfcs.cfm
* http://toxtown.nlm.nih.gov/espanol/chemicals.php?id=40
* http://es.wikipedia.org/wiki/Clorofluorocarbono
 
[[Categoría:Química]]
58.446

edicións

Menú de navegación