Ácido glicérico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:Glyceric acid.png|thumb|right|Ácido glicérico. <br>[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]]: ácido 2,3-dihidroxipropanoico.<br>Número CAS = 473-81-4<ref>''[[Merck Index]]'', 11th Edition, '''4378'''.</ref>.]]
[[Ficheiro:Glyceric acid.png|thumb|right|Ácido glicérico. <br>[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]]: ácido 2,3-dihidroxipropanoico.<br>Número CAS = 473-81-4<ref>''[[Merck Index]]'', 11th Edition, '''4378'''.</ref>.]]



Revisión como estaba o 6 de decembro de 2011 ás 20:35

Ácido glicérico.
Nome IUPAC: ácido 2,3-dihidroxipropanoico.
Número CAS = 473-81-4[1].

O ácido glicérico é un azucre ácido natural de tres carbonos do grupo dos ácidos aldónicos coa fórmula C3H6O4[2]. É doadamente soluble en auga e alcohol. Os sales e ésteres do ácido glicérico denomínanse gliceratos.

Estereoquímica

O ácido glicérico posúe un carbono asimétrico ou quiral, polo que ten isómeros D e L.[3] O ácido D-glicérico atopouse como tal en diversas plantas (son moi comúns nos seres vivos os seus derivados fosfatados). O ácido L-glicérico atopouse na bacteria Pseudomonas elodea.

Bioquímica

Varios derivados fosfatados do ácido D-glicérico teñen importancia biolóxica, xa que son importantes intermediarios bioquímicos na glicólise, fermentación alcohólica e ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese. Entre eles están: o 2-fosfoglicerato, o 3-fosfoglicerato, o 1,3-difosfoglicerato, e o 2,3-difosfoglicerato.

           
ácido
2-fosfo-D-glicérico
    ácido
3-fosfo-D-glicérico
    ácido
1,3-difosfo-D-glicérico
    2,3-difosfo-D-glicérico

Notas

  1. Merck Index, 11th Edition, 4378.
  2. PubChem compound Polyglyceric acid
  3. ver CHEBI:32398