Como: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: vi:Como
CocuBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: la:Comum
Liña 47: Liña 47:
[[ja:コモ]]
[[ja:コモ]]
[[ko:코모]]
[[ko:코모]]
[[la:Novum Comum]]
[[la:Comum]]
[[lmo:Comm]]
[[lmo:Comm]]
[[lt:Komas (Italija)]]
[[lt:Komas (Italija)]]

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2011 ás 01:47

Como é unha cidade da Lombardía, Italia, capital da provincia de Como. Atópase a 45 km ao norte de Milán, onda o Lago de Como. A comuna de Como ten unha área de 37 km² e no 2001 tiña uns 78.315 habitantes. Foi feita polos romanos e daqueles tempos conserva o trazado urbano do centro histórico.


Ten lindes cos concellos de: Blevio, Brunate, Capiago Intimiano, Casnate con Bernate, Cavallasca, Cernobbio, Chiasso (CH-TI), Grandate, Lipomo, Maslianico, Montano Lucino, San Fermo della Battaglia, Senna Comasco, Tavernerio, Torno, Vacallo (CH-TI)

Historia

Foi unha importante cidade da Roma Antiga, fundada no século I antes de Cristo, inicialmente a cidade estabeleceuse nas montañas, pero por orde de Xulio César trasladouse ao seu emprazamento actual. A cidade foi chamada Novum Comum e tiña o estatus de municipio. Alcanzou o seu apoxeo no século XI. Tras ser destruída polos milaneses en 1127, foi reconstruída polo Emperador Federico Barbarroxa, antes de incorporarse de novo a Milán en 1355.

Na Idade Media, loito moitas veces contra Milán, tanto no período comunal como no século XV, cando caeu en mans de Francesco Sforza.

Despois do século XVI converteuse nun dos centros europeos principais onde se tecía a seda, tradición que conserva incluso agora.

En Como naceron os historiadores latinos Plinio o Vello e Plinio o Novo (século I a.de C.) e o científico Alessandro Volta (século XVIII-XIX).


Vista do Lago de Como e a cidade desde Blevio

Vista do Lago de Como e a cidade desde Blevio


Véxase tamén