Diferenzas entre revisións de «Vickers Wellington»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
amplío de en.wiki
m (r2.7.1) (Bot: Engado: br:Vickers Wellington)
(amplío de en.wiki)
 
O Wellington foi popularmente coñecido como ''Wimpy'' polos membros da [[Royal Air Force|RAF]], pola personaxe J. Wellington Wimpy das historias de [[Popeye]]. O Wellington bautizado como "B for Bertie" foi protagonista da película de [[1942]] ''One of Our Aircraft Is Missing''. Este foi un dos dous bombardeiros aos que lle deu nome Arthur Wellesley, 1º duque de Wellington, sendo o outro o [[Vickers Wellesley]].
 
== Historia operacional ==
O primeiro bombardeo da [[Royasl Air Force]] na guerra foi protagonizado por Wellingtons dos escadróns No. 9 e No. 149, xunto con [[Bristol Blenheim]]s, contra barcos alemáns en [[Brunsbüttel]] o [[4 de setembro]] de [[1939]]. Durante este ataque, os dous Wellingtons convertéronse nos primeiros avións en ser derrubados na fronte occidental. Os escadróns 9, 37 e 149 volveron actuar o [[18 de decembro]] dese ano nunha misión contra barcos alemáns en [[Schillig]] e [[Wilhelmshaven]]. Os cazas da ''[[Luftwaffe]]'' acabaron con 12 dos bombardeiros e danaron eriamente outros tres; poñendo de manifesto a vulnerabilidade dos avións á hora de atacar cazas, ao non ter os tanques de combustible selados nin suficiente armamento defensivo. Particularmente, mentres as torretas do morro e a cola do avión protexíano dos ataques frontais ou traseiros, o Wellington non tiña defensas contra os ataques que viñan dende arriba e abaixo, xa que non se cria que estes ataques fosen posibles debido á alta velocidade dos aparellos involucrados. Como consecuencia disto, os Wellingtons foron trasladados a operacións nocturnas e participaron no primeiro ataque nocturno a [[Berlín]], o [[25 de agosto]] de [[1940]]. No primeiro ataque de 1.000 avións a [[Colonia]], o [[30 de maio]] de [[1942]], 599 de 1.046 aeronaves eran Wellingtons (101 deles voados por tripulacións polacas).
 
Co Mando de Bombardeo, os Wellingtons realizaron 47.409 operacións, lanzando 41.823 toneladas de bombas e perdendo 1.332 avións en acción.
 
[[Categoría:Bombardeiros británicos da Segunda Guerra Mundial]]
63.272

edicións

Menú de navegación