Prefecturas do Xapón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Prefekture Japana
Ficheiro:Regions and Prefectures of Japan (pt).svg
Liña 63: Liña 63:
|}
|}


[[Ficheiro:Regions and Prefectures of Japan.svg|500px|Rexións e Prefecturas do Xapón]]
[[Ficheiro:Regions and Prefectures of Japan (pt).svg|500px|Rexións e Prefecturas do Xapón]]


{{Xapón}}
{{Xapón}}

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2011 ás 08:19

Modelo:Caracteresxaponeses

O Xapón está subdividido en 47 prefecturas (de catro tipos: 都, to; 道, ; 府, fu ou 県; ken, de aí o nome xenérico xaponés 都道府県 todōfuken). Toquio é a única metrópole ("to"), Hokkaido é un territorio ("dō"), ambas Quioto e mais Osaka son prefecturas urbanas ("fu"), e o resto son "ken", prefecturas rurais.

Esta división foi establecida polo goberno Meiji en 1871 no que se denomina a abolición do sistema Han. Aínda que inicialmente foron creadas unhas 300 prefecturas, este número foi diminuíndo ata un total de 47 no ano 1888. A Lei do Goberno Local de 1947 outorgou máis poder político ás prefecturas, provéndoas da capacidade de escoller gobernadores mediante eleccións locais.

Segundo a Lei antes mencionada cada prefectura subdivídese en cidades (市 shi), vilas (町 chō), e distritos rurais (郡 gun). Algunhas prefecturas teñen máis delegacións (支庁 shichō) que levan a cabo funcións administrativas da prefectura fóra da capital. En Hokkaido, estas delegacións chámanse subprefecturas.

Prefeituras do Xapón
Prefeituras do Xapón

Rexións e Prefecturas do Xapón