PDF: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: fo:Pdf |
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fo:PDF |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
[[fa:پیدیاف]] |
[[fa:پیدیاف]] |
||
[[fi:PDF]] |
[[fi:PDF]] |
||
[[fo: |
[[fo:PDF]] |
||
[[fr:Portable Document Format]] |
[[fr:Portable Document Format]] |
||
[[gu:પીડીએફ]] |
[[gu:પીડીએફ]] |
Revisión como estaba o 30 de novembro de 2011 ás 01:02
PDF (Portable Document Format, Formato de Documento Portábel) é un formato de ficheiro aberto creado por Adobe Systems para crear documentos impresos como se se tratase dunha imaxe electrónica que o usuario pode observala no PC, imprimila, etc empregando un programa lector apropiado. O fundamental deste formato é que o aspecto dos documentos é independente do dispositivo electrónico no que se visualice. O lector máis coñecido é o Adobe Reader. Emprégase cando se quere conservar un documento cunha aparencia determinada e non se pretende que se vaia editar.
Cada ficheiro PDF inclúe unha descrición completa dun documento en 2D (e, co novo Acrobat 3D, tamén documentos 3D, que inclúe o texto, fontes, imaxes e gráficos vectoriais en 2D que compoñen o documento.
Este formato creouse en 1993 e actualmente está en trámites para ser de clarado standard ISO. Porén, a aceptación non foi inmediata, xa que a única aplicación informática que os podía crear, Adobe Acrobat, era cara e as primeiras versións non podían empregar ligazóns externas, o que reducía a súa utilidade na web. Existían tamén outros formatos, como PostScript, tamén da Adobe. Esta comezou a distribuír gratuitamente o lector Acrobat Reader (actualmente Adobe Reader) e continuou a apoiar este formato ata que se converteu no standard de facto dos documentos preparados para imprimir.
Tecnoloxía
Hoxe é posíbel crear aplicacións que lean e escriban ficheiros PDF sen lle ter que pagar á Adobe Systems. Aínda que esta empresa conserva moitas patentes relacionadas co PDF, permite o seu uso sen cargo para a creación de software que siga a súa especificación. Un exemplo notorio é o paquete de ofimática OpenOffice.org.
PDF é fundamentalmente a combinación de tres tecnoloxías:
- Un subconxunto da linguaxe de programación de páxina PostScript para xerar a disposición dos elementos e os gráficos.
- Un sistema de inclusión e substitución de tipografías que permite que as tipografías acompañen os documentos.
- Un sistema de almacenamento estruturado para xuntar estes elementos e calquera contido asociado nun ficheiro único que tamén se pode comprimir.
Existen varios subconxuntos de PDF, algúns dos cales constitúen un standard ISO: