Manuel II de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lt:Emanuelis II
Liña 47: Liña 47:
[[ka:მანუელ II (პორტუგალია)]]
[[ka:მანუელ II (პორტუგალია)]]
[[ko:마누엘 2세 (포르투갈)]]
[[ko:마누엘 2세 (포르투갈)]]
[[lt:Emanuelis II]]
[[mr:मनुएल दुसरा, पोर्तुगाल]]
[[mr:मनुएल दुसरा, पोर्तुगाल]]
[[nl:Emanuel II van Portugal]]
[[nl:Emanuel II van Portugal]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2011 ás 10:56

Manuel II de Portugal.

Manuel II de Portugal, alcumado o Patriota ou o rei perdido, nado en Lisboa o 19 de marzo de 1889 e finado en Twickenham (Inglaterra) o 2 de xullo de 1932, foi un nobre da casa de Bragança, último rei de Portugal entre 1908 e 1910.

Traxectoria

O seu reinado iniciouse en 1908, ano no que radicais republicanos asasinaron ao seu pai, o rei Carlos e ao seu irmán maior, Luís Felipe, Príncipe Real.

O novo rei tivo que salvar a posición da Casa de Bragança forzando á dimisión do primeiro ministro Joãou Franco e de todo o gabinete en 1908. Declaráronse eleccións libres nas que os republicanos e os socialistas tiveron cerca de 14 %. A revolución iniciouse o 4 de outubro de 1910 e Manuel fuxiu a Xibraltar con toda a familia real.

Viviu no exilio no Reino Unido. O 4 de setembro de 1913 casou coa princesa Augusta Vitoria de Hohenzollern-Sigmaringen. O rei morreu novo polo que os movementos realistas que querían restaurar a dinastía de Bragança fracasaron. Ao non deixar descendencia, os pretendentes ao trono de Portugal foron diversos, sen que se determinase quen era o lexítimo herdeiro ao trono.

Manuel II escribiu unha importante guía sobre a literatura portuguesa medieval e do renacemento.


Predecesor:
Carlos I
 Rei de Portugal 
1908-1910
Sucesor:
declárase a República

Ligazóns externas

Outros artigos