Sincronía e diacronía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: ca:Lingüística sincrònica
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (Bot: Modifico: pt:Dicotomias saussureanas
Liña 24: Liña 24:
[[la:Linguistica synchronica]]
[[la:Linguistica synchronica]]
[[nl:Synchrone taalkunde]]
[[nl:Synchrone taalkunde]]
[[pt:Sincronia]]
[[pt:Dicotomias saussureanas]]
[[scn:Anàlisi sincrònica]]
[[scn:Anàlisi sincrònica]]
[[zh:共时语言学]]
[[zh:共时语言学]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2011 ás 08:30

A sincronía é un concepto lingüístico referido á percepción nun momento concreto da historia dos diversos aspectos dunha lingua.

A oposición entre sincronía e diacronía, así como estes dous termos nesta acepción, débense a Ferdinand de Saussure, primeiro lingüista que separou claramente os dous puntos de vista. Esta oposición é frutífera tamén en filosofía, onde foi explotada entre outros por Barthes e Sartre.

O enfoque sincrónico estuda unha lingua nun momento preciso da súa historia. O termo procede do grego συν-, «con» e χρόνος, «temps». A gramática escolar é esencialmente sincrónica: indica cales son as normas consideradas como regras dunha lingua, que poden ter mudado desde estados anteriores.

O enfoque diacrónico estuda historia da lingua e as súas evolucións (etimoloxía, evolucións fonéticas, semánticas, léxicas, sintácticas, etc.). O termo é un préstamo culto construído sobre raíces gregas, δια-, «a través», e χρόνος, «tempo». A Lingüística comparada, por exemplo, ten un enfoque diacrónico.

Sincrónico é equivalente a estático, diacrónico éo a evolutivo ou histórico. Son dúas perspectivas diferentes á hora de observar unha mesma realidade: o sistema nun momento dado e o sistema en desenvolvemento, inda que, se se ten en conta o carácter parcialmente innovador de todo acto lingüístico, só existe o aspecto diacrónico, mentres que o aspecto sincrónico é unha abstracción científica necesaria para estudar como funciona a lingua. Ó aspecto sincrónico correspóndelle a disciplina denominada gramática e que, en sentido amplo do termo, é a descrición do sistema da lingua; ó aspecto diacrónico correspóndenlle a gramática histórica e a historia da lingua.

Véxase tamén