Carlos I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: no:Karl av Portugal
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: br:Carlos Iañ Portugal
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Dinastía de Bragança]]
[[Categoría:Dinastía de Bragança]]


[[br:Carlos Iañ Portugal]]
[[ca:Carles I de Portugal]]
[[ca:Carles I de Portugal]]
[[cs:Karel I. Portugalský]]
[[cs:Karel I. Portugalský]]

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2011 ás 17:09

Retrato de D. Carlos I de Portugal

Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança, coñecido como Carlos I de Portugal, alcumado o Martirizado ou o Mártir, nado en Lisboa o 28 de setembro de 1863 e falecido o 1 de febreiro de 1908, foi o penúltimo rei de Portugal.

Traxectoria

Era fillo do rei Luís Filipe e da princesa María Pía de Savoia, filla de Víctor Manuel II, rei de Italia.

Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de 1889. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co Reino Unido (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, Portugal foi declarada en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.

O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o río Texo, e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Mentras cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe Luís Filipe morreu, e días máis tarde, Manuel foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança-Wettin.

Descendencia

Carlos casou coa princesa Amélie de Orléans en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de Paris e de Marie Isabelle d'Orléans. Os seus fillos foron:

Predecesor:
Luís I
Rei de Portugal
1889 - 1908
Sucesor:
Manuel II