Anfipático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
# Grupos polares neutros. Exemplos son [[alcohol|alcohois]] con grupos R grandes, como os [[diacilglicérido]]s, e os oligo[[etileneglicol|etilenglicois]] con longas cadeas alquilo.
# Grupos polares neutros. Exemplos son [[alcohol|alcohois]] con grupos R grandes, como os [[diacilglicérido]]s, e os oligo[[etileneglicol|etilenglicois]] con longas cadeas alquilo.


Ás veces, os compostos anfipáticos teñen varias partes hidrofóbicas, ou varias hidrofóbicas e hidrofílicas. As [[proteína]]s e algúns [[copolímero]]s son exemplos.
Ás veces, os compostos anfipáticos teñen varias partes hidrofóbicas, ou varias hidrofóbicas e hidrofílicas. As [[proteína]]s e algúns [[copolímero]]s en bloques son exemplos.


Como resultado de ter unha parte hidrófila e outra hidrófoba, algúns compostos anfipáticos poden disolverse en auga e en certa medida en solventes [[apolar]]es. Os compostos anfipáticos disólvense formando [[micela]]s.
Como resultado de ter unha parte hidrófila e outra hidrófoba, algúns compostos anfipáticos poden disolverse en auga e en certa medida en solventes [[apolar]]es. Os compostos anfipáticos disólvense formando [[micela]]s.

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2011 ás 16:51

As fosfolípidos son un exemplo de molécula anfipática.

Un composto Anfipático ou anfifílico é aquel que posúe unha parte hidrofílica (con afinidade pola auga) e unha parte hidrofóbica (sen afinidade pola auga). A parte hidrófila formará pontes de hidróxeno coa auga, e a hidrófoba non. Exemplos de substancias anfipáticas son os xabóns e deterxentes ou os fosfolípidos das membranas biolóxicas.

O carácter anfipático dalgunhas moléculas é a base de certas áreas da química e bioquímica, como o estudo do polimorfismo de lípidos. Os compostos orgánicos que conteñen grupos hidrofílicos en ambos os extremos dunha cadea hidrocarbonada bastante longa denomínanse bolaanfifílicos; a presenza dos dous extremos hidrófilos aumenta a súa solubilidade.

Estrutura e propiedades

O grupo hidrófobo das moléculas anfipáticas é tipicamente unha grande cadea hidrocarbonada, da forma CH3(CH2)n, con n > 4. O grupo hidrófilo dunha molécula anfipática pode pertencer a algunha das seguintes categorías:

  1. Grupos cargados
  2. Grupos polares neutros. Exemplos son alcohois con grupos R grandes, como os diacilglicéridos, e os oligoetilenglicois con longas cadeas alquilo.

Ás veces, os compostos anfipáticos teñen varias partes hidrofóbicas, ou varias hidrofóbicas e hidrofílicas. As proteínas e algúns copolímeros en bloques son exemplos.

Como resultado de ter unha parte hidrófila e outra hidrófoba, algúns compostos anfipáticos poden disolverse en auga e en certa medida en solventes apolares. Os compostos anfipáticos disólvense formando micelas.

Cando se sitúan nun sistema inmiscible bifásico formado por un solvente acuoso e outro orgánico, o composto anfipático particiónase nas dúas fases. A extensión das porcións hidrofílicas e hidrofóbicas determina a extensión do particionamento.

Funcións biolóxicas

Estruturas formadas polos fosfolípidos en solución acuosa: liposomas, micelas e bicapas (membranas).

Os fosfolípidos, un tipo de moléculas anfipáticas, son os principais compoñentes da bicapa lipídica das membranas celulares. A súa natureza anfipática determina o modo en que se forman as membranas. Dispóñense en bicapas lipídicas, nas que os seus grupos polares se sitúan nas partes externas da membrana, en contacto co medio acuoso, e as súas cadeas hidrófobas sitúanse na parte interna da bicapa, lonxe do contacto coa auga. Deste xeito, a membrana consta dunha rexión apolar central situada entre dúas rexións polares.

Ademais dos fosfolípidos, nas membranas atopamos tamén outras moléculas anfipáticas, como o colesterol e os glicolípidos, que se dan á membrana propiedades físicas e biolóxicas especiais.

Moitas outras substancias anfipáticas, como as pepducinas, interaccionan fortemente coas membranas biolóxicas ao insertar a súa porción hidrofóbica dentro das membranas, e expoñer a súa porción hidrofílica ao m,edio acuoso, alterando o seu comportamenteo físico e ás veces interrompéndoas.

Exemplos de compostos anfipáticos

hai moitos exemplos de moléculas que presentan propiedades anfifílicas ou anfipáticas:

Os surfactantes baseados en cadeas hidrocarbonadas son un exemplo. A súa rexión polar ou hidrófila pode ser iónica ou neutra. Algúns son: dodecilsulfato sódico (aniónico), cloruro de benzalconio (catiónico), cocamidopropilbetaína (zwitteriónica) e o octanol (alcohol de cadea longa neutro).

Moitos compostos biolóxicos son anfipáticos, como: fosfolípidos, colesterol, glicolípidos, ácidos graxos, ácidos biliares, saponinas, etc.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bibliografía

  • BOHINSKI, Robert C. “Bioquímica”. Editorial Adisson Wesley. Quinta edición. Páx: 40 – 46
  • NELSON, David L. COX, Michael. “Principios de Bioquímica” Edicións Omega. Terceira edición. Páx: 86 – 90, 392 – 395.
  • TORRES, Hector N. “Bioquímica General”. Editorial El Ateneo. Páx: 85 – 90.
  • NELSON, Philip. “Física Biológica: energía, información y vida”. Editorial Reverté. 2005. Páx: 317 – 364.