Conakry: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Infcidade +{{Cidade)
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Konakri
Liña 53: Liña 53:
[[af:Conakry]]
[[af:Conakry]]
[[ar:كوناكري]]
[[ar:كوناكري]]
[[az:Konakri]]
[[be:Горад Канакры]]
[[be:Горад Канакры]]
[[be-x-old:Конакры]]
[[be-x-old:Конакры]]

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2011 ás 12:41

Modelo:Cidade

Vista aérea de Conakry

Conakry, ás veces transcrito como Conacri, é a capital e a cidade máis importante da República de Guinea. Situada na illa de Tombo, na costa do Océano Atlántico, é o maior núcleo urbano de Guinea e o centro administrativo, económico e de comunicacións. A súa poboación, en 2005, era de 1.871.185 habitantes. A economía da cidade desenvóvese, nomeadamente, arredor do seu porto, que está dotado de modernas instalacións para o tráfico de mercadorías e a almacenaxe, e polo cal se exportan aluminio e bananas. Ten crecente importancia a industria alimentar e a do automóbil.

A cidade é coñecida polos seus xardíns botánicos.

Xeografía

Inicialmente Conakry naceu na pequena illa de Tombo, no sur da costa atlántica do país, pero o seu medramento fixo que a cidade se estendese pola península de Kaloum, unha estreita língua duns 36 km de lonxitude e unha anchura que oscila entre 0´2 e 0´6 km., e mesmo acabase por ocupar terras no continente. En Tombo radica a cidade vella, pero o centro da cidade está na actualidade na península. As coordenadas xeográficas son 9º 30' 33" N e 13º 42' 44" O.

O clima da cidade é tropical, cunha estación chuviosa e outra seca.

Breve Historia

Conakry foi creada oficialmente en 1887, cando os colonizadores franceses reuniron a aglomeración de catro aldeas: Conakry, Boulbinet, Krutown e Tombo. Conakry tornoues capital da colonia das « Rivières du Sud » (Ríos do Sur) en 1889, que mudou seu nome como Guinea Francesa (Guinée-Française) en 1891. A apertura dun ferrocarril (actualmente clausurado), que a unía com Kankan, no interior do país, favoreceu a exportación das colleitas de cacahuetes ou amendoíns, fomentando o medramento da cidade. Con todo a súa poboación era só de arredor de 50.000 habistantes en 1958. O boom ocorreu logo da independencia, de xeito que en 1968 superaba xa ben os 500.000 moradores. A expansión posterior, até os cerca de 2.000.000 de habitantes actuais (2008), fixo que a cidade desbordase os seuns límites insulares e se espalalse pola cercana península de Kaloum.

Centros universitarios

Desde 1963 a cidade conta con a "Universidade Gamal Abdel Nasser" de tipo público. En 1999 foi creada a "Universidade Kofi Annan", de carácter privado.


Galería de imaxes