Tokelau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: su:Tokelau
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado escudo do país
Liña 4: Liña 4:
| sólo_bandera = 1
| sólo_bandera = 1
| imaxe_bandeira = Flag of Tokelau.svg
| imaxe_bandeira = Flag of Tokelau.svg
| imaxe_escudo = Symbol_of_Tokelau.svg
| imaxe_mapa = LocationTokelau.png
| imaxe_mapa = LocationTokelau.png
| lema_nacional =
| lema_nacional =

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2011 ás 18:25

Modelo:País Toquelau é un pequeno territorio da Polinesia, baixo administración da Nova Celandia, que corresponde ás illas do mesmo nome, tamén coñecidas como Illas da Unión. Os viciños máis próximos son Kiribati ao norte, as Illas Cook, a leste, Samoa e a Samoa Americana, a sur, e Tuvalu, a oeste.

Consta de tres illas -Atafu, Nukunono e Fakaofo-

O arquipélago de Toquelau está formado por tres atois no sur do océano Pacífico (Atafu, Nukunonu e Fakaofo), situadas a 480 km ó N de Samoa Occidental. O clima é cálido. Como non hai estradas nin automobeis, todo o transporte faise por mar. De acordo co relatorio da ONU, de 1989, Toquelau fai parte das illas que poden desaparecer no século XXI en caso de que non se tomen medidas para conter o efeito estufa, que aumenta o nivel dos océanos.

Cada atol ten o seu propio centro administrativo.

O administrador-xeral escólleo o ministro das Relacións Exteriores da Nova Celandia. A posesión da terra é exclusividade dos nativos. As principais fontes de renda do arquipélago son a venda de licenzas de pesca, a produción dun tipo especial de atún, o coco e a venda de selos postais.

Historia

Os atois, entón chamados de Illas Unión, tórnanse protectorado británico en 1877. A petición dos habitantes, o Reino Unido inclúe o territorio na colonia formada polas illas Gillbert e Ellice, actuais Kiribati e Tuvalu. A administración é transferida para a Nova Celandia en 1925 e o nome de Illas Toquelau adóptase en 1946. Trinta anos despois, o arquipélago é denominado apenas Toquelau.

En 1987, Toquelau reivindica maior autonomía política, que ven sendo adquirida por meio de medidas economicas, como a institución de impostos para servizos de saúde e educación nos anos 90. Para evitar maiores danos aos cardumes de atun, en 1989 é prohibido o uso de redes de pesca. En 1994 as institucións administrativas e políticas, antes localizadas en illas viciñas, comezan a ser transferidas para o arquipélago. No mesmo ano é adoptado un plano para a gradual autonomía da illa no período de dez anos.

Na década de 1990, introdúcense reformas electorais, e, nas eleccións de 1999, o Xeneral Fono, máis alto corpo consultivo do territorio, ten pola primeira vez os seus delegados eleitos para un mandato de tres anos.

A pesar dos desexos de maior autonomía, os habitantes das illas temen que a Nova Celandia inicie un proceso de afastamento de Toquelau. Iso leva o chanceler neocelandés a declarar publicamente en abril de 2000 que o seu goberno non vai impór a independencia ao territorio nin facer ningunha mudanza no seu status político sen antes consultar a poboación.

No comezo de 2001, o presidente da Comisión de Servizos Públicos de Toquelau afirma que a poboación das illas é reticente a abandonar a cidadanía neocelandesa e reitera que os dous lados teñen ata 2010 para tomar unha decisión.

En xullo, a administración dos servizos públicos é formalmente transferida para Toquelau.

Entre 13 e 15 de febreiro de 2006, a poboación de Toquelau rexeitou por referendo controlado pola ONU a independencia, optando por continuar a súa autonomía no marco dunha libre asociación con Nova Celandia.

Datos xerais