Linguaxe de Modelaxe Unificada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: et:UML
m r2.7.1) (Bot: Modifico: pl:Unified Modeling Language
Liña 67: Liña 67:
[[nl:Unified Modeling Language]]
[[nl:Unified Modeling Language]]
[[no:Unified Modeling Language]]
[[no:Unified Modeling Language]]
[[pl:UML]]
[[pl:Unified Modeling Language]]
[[pt:UML]]
[[pt:UML]]
[[ro:UML]]
[[ro:UML]]

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2011 ás 11:17

En enxeñería software, a Linguaxe Unificada de Modelado (Unified Modeling Language, UML) é unha linguaxe de especificación e mais de modelado de obxectos; é un estándar aberto. Con todo, o uso de UML non se restrinxe a modelado de obxectos: pode usarse para para modelado de procesos de negocio (business process) e mais para modelado de organizacións, e incluso para modelado hardware.

UML é o froito da recompilación das mellores practicas de enxeñería que teñen sido probadas no modelado de sistemas grandes e complexos, en particular ao nivel de arquitectura software.

UML usase, xunto con un proceso asociado, para especificar, describir visualmente, construír e documentar os aparellos/elementos (artifacts) , en forma de orientación a obxectos, dun sistema ou aplicación.

Historia

UML é un estándar na industria, amplamente utilizado.

Foi criado baixo os auspicios da OMG, integrando os conceptos de Booch, OMT, OOSE e Class-Relation fundindo-os nunha única e común linguaxe de modelado, permitindo o modelado de sistemas distribuídos.

Características

Hai tres modelos prominentes no desenvolvemento dun sistema en UML:

  • Modelo funcional: describe, en forma de Casos de Uso (Use Cases) as funcionalidades a realizar polo sistema desde o punto de vista do usuario final.
  • Modelo de Clases/Obxectos (modelo estático): Describe as estruturas do sistema, en forma de diagramas de clases/obxectos, cos seus atributos e inter-relacions.
  • Modelo Dinámico: describe a dinámica do sistema. Provee os seguintes diagramas para este fin:
    • Diagramas de secuencia: diagramas de interacción entre clases/obxectos nunha perspectiva temporal.
    • Diagramas de colaboración: similar aos diagramas de secuencia, nunha perspectiva semi-temporal.
    • Diagramas de estado: describen a evolución de estados dun obxecto.
    • Diagramas de actividade: describen a evolución de actividades dun obxecto.

UML é fundamental mais non é dabondo

UML non define un método específico nin forza polo tanto a usar ningún método específico de modelado.

Un exemplo de método usado en conxunción con UML é o Rational Unified Process de IBM-Rational, e existen outros mais.

Véxase tamén

Ligazóns Externas