Partido Popular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Substitución de "Ver tamén" por " Véxase tamén" segundo WP:LE
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: he:המפלגה העממית
Liña 85: Liña 85:
[[fi:Kansanpuolue (Espanja)]]
[[fi:Kansanpuolue (Espanja)]]
[[fr:Parti populaire (Espagne)]]
[[fr:Parti populaire (Espagne)]]
[[he:המפלגה העממית]]
[[hr:Partido Popular]]
[[hr:Partido Popular]]
[[hu:Néppárt (Spanyolország)]]
[[hu:Néppárt (Spanyolország)]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2011 ás 22:41

Partido Popular (PP)
Partido político de España
Ficheiro:Logo PP.svg
Dirixentes e organización
LíderMariano Rajoy Brey
(Presidente)
María Dolores de Cospedal
(Secretaria Xeral)
MocidadesNuevas Generaciones
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Internacional Demócrata Cristiana
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación20 de xaneiro de 1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Democracia cristiá
Neoliberalismo
Nacionalismo español
Representación
Representación154 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
Outros datos
SedeGénova, 13. 28004, Madrid
Na rede
www.pp.es
Telegram: Partido_Popular Dialnet: 255422 Editar o valor em Wikidata

O Partido Popular é un dos principais partidos políticos de España.

O Partido Popular naceu da refundación de Alianza Popular en 1989.

Historia

En 1979 o presidente de Alianza Popular, Manuel Fraga obtén uns discretos resultados nas eleccións (10 escanos). Tralo descalabro da UCD en 1981, Alianza Popular fusionaríase con algúns partidos daquela coalición (Partido Liberal, entre outros), para presentarse ás eleccións de 1982 co nome de Coalición Popular. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. En 1986 Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.

Este cambio na cúpula non mellora as cousas para o partido, perdendo as eleccións de 1986 ante a revalidación da maioría absoluta do PSOE. En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido. José María Aznar (presidente de Castela e León) é proposto por Fraga candidato das eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.

En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións. Javier Arenas Bocanegra substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. En 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor. Nas eleccións do 2004 o PP verase superado por unha ampla marxe polo PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o tipo de oposición a realizar sobre as súas relacións con outras forzas políticas, nomeadamente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, reelixíndoo como presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.

Galicia

  • Número de votos en Galicia nas eleccións autonómicas:

Véxase tamén

Ligazóns externas