Froila I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Dou formato ISBN
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Fruela I od Asturije
Liña 94: Liña 94:
[[pt:Fruela I das Astúrias]]
[[pt:Fruela I das Astúrias]]
[[ru:Фруэла I Жестокий]]
[[ru:Фруэла I Жестокий]]
[[sh:Fruela I od Asturije]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2011 ás 19:17

Froila I


Na rede
WikiTree: Asturias-13
Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais[1].

Froila I (722Cangas de Onís, 768), fillo de Afonso I sucedeuno á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[2] durante o seu reinado (757-768)[3]. Coma no caso do su pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[4] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle[4]. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[3], concedéndolle o nome de Froila I.[2]

Reinado

Ao comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado segundo uns autores, ou feito preso, segundo outros, morrendo no cativerio[5].

Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, segundo contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[2], aos que venceu.

Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.

Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira este do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.

Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[3]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[2], fillo de Froila Pérez.[6]

Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[6], fundado polo seu marido.


Reino de Asturias

Segue a:
Afonso I o Católico
Froila I
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Astur-Leonesa

Notas

  1. Barbosa Álvarez, J.M. Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  3. 3,0 3,1 3,2 López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  4. 4,0 4,1 López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8
  5. Couceiro Freijomil, Antonio. Historia de Pontedeume e a súa comarca, 4ª edición (1995). Xunta de Galicia ISBN 84-453-1437-8, páx. 25
  6. 6,0 6,1 Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.

Bibliografía

  • López Carreira, A,; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, J.M., Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.

Véxase tamén