Bandeira de Córsega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Korsikako bandera
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Прапор Корсики
Liña 19: Liña 19:
[[pl:Flaga Korsyki]]
[[pl:Flaga Korsyki]]
[[pt:Bandeira da Córsega]]
[[pt:Bandeira da Córsega]]
[[uk:Прапор Корсики]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2011 ás 14:25

Bandeira de Córsega

A Bandeira de Córsega foi adoptada polo Xeneral da Nación Pasquale Paoli en 1755 e estaba baseada na bandeira tradicional utilizada anteriormente. Representa unha Testa Moura (U Moru, en corso: o mouro) de cor negra portando unha venda branca na fronte nun fondo negro. Previamente, a venda cubría os ollos, mais Paoli modificouna para situala na fronte para simbolizar a liberación do pobo corso.

Foi usada pola República de Córsega e foi prohibida despois de 1769, cando Francia tomou posesión da illa que anteriormente estaba gobernada pola República de Xénova par pagar unha débeda pendente e acabar coa rebelión endémica na illa. Usouse como bandeira oficial cando o Reino Unido ocupouna en 1793. Caeu en desuso até 1980, cando se adoptou de novo como bandeira rexional.

A cabeza de mouro tamén aparece no Escudo de Armas de Córsega, así como na bandeira e o Escudo de Sardeña.