Pupila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: av:Ясбер
Ficheiro:Schematic diagram of the human eye pt.svg
Liña 6: Liña 6:
Image = Eye_iris.jpg |
Image = Eye_iris.jpg |
Lenda = '''O ollo humano'''<br>A pupila é a área central transparente (que é negra). A zona gris/azul envolvente é o [[iris (anatomía)|iris]]. A área externa branca é a [[esclerótica]], cuxa parte central transparente é a [[córnea]].'' |
Lenda = '''O ollo humano'''<br>A pupila é a área central transparente (que é negra). A zona gris/azul envolvente é o [[iris (anatomía)|iris]]. A área externa branca é a [[esclerótica]], cuxa parte central transparente é a [[córnea]].'' |
Image2 = Schematic diagram of the human eye en.svg |
Image2 = Schematic diagram of the human eye pt.svg |
Lenda2 = Esquema do ollo humano |
Lenda2 = Esquema do ollo humano |
Precursor = |
Precursor = |

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2011 ás 00:20

Pupila

A pupila ou, coloquialmente, meniña, é un orificio na parte central do iris para o paso da luz. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negra coa función de regular a iluminación que chega á retina, na parte posterior do ollo.

O tamaño da pupila está controlado por dous músculos: o esfínter da pupila péchaa e o dilatador da pupila ábrea.

O reflexo fotomotor da pupila examínase cunha lanterna durante a exploración neurolóxica. Este reflexo, onde participan os nervios craniais II e III, consiste na constrición da pupila como resposta á iluminación. Cando penetra a luz nun ollo, as dúas pupilas se constriñen (reflexo consensual) porque cada retina envía fibras ás pequenas cintas de fibras nerviosas ópticas de ambos os lados. O músculo esfínter da pupila está inervado por fibras parasimpáticas; por iso, a interrupción destas fibras determina unha dilatación da pupila polo efecto desinhibido do músculo dilatador. O primeiro signo de compresión do nervio oculomotor é un reflexo fotomotor lento ipsolateral.

Galería de imaxes