Acción Republicana: Diferenzas entre revisións
m r2.6.5) (Bot: Engado: fr:Action Républicaine (Espagne) |
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Acción Republicana |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
[[en:Republican Action (Spain)]] |
[[en:Republican Action (Spain)]] |
||
[[es:Acción Republicana]] |
[[es:Acción Republicana]] |
||
[[eu:Acción Republicana]] |
|||
[[fr:Action Républicaine (Espagne)]] |
[[fr:Action Républicaine (Espagne)]] |
||
[[nl:Acción Republicana]] |
[[nl:Acción Republicana]] |
Revisión como estaba o 19 de novembro de 2011 ás 15:55
Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925 que se constituíu en partido político en 1930. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.
Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.
Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.
Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical Socialista en 1934) para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña.