Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
referencias
lig int
Liña 7: Liña 7:
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], especialmente relacionado co grupo de [[Raimundo Fernández Villaverde]]. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de [[1903]], desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de [[Eduardo Dato]] de [[1912]] (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do [[11 de xuño]] ao [[3 de novembro]] de [[1917]], e por última vez, do [[2 de xullo]] de [[1919]] ao [[5 de maio]] de [[1920]], no Goberno de [[Joaquín Sánchez de Toca Calov|Sánchez Toca]].

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de [[1920]], e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a [[Martínez Anido]] gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.
Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de [[1920]], e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a [[Severiano Martínez Anido]] gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de [[Eduardo Dato]] e, en contra da vontade de [[Antonio Maura|Maura]], intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.
Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de [[Eduardo Dato]] e, en contra da vontade de [[Antonio Maura|Maura]], intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2011 ás 13:29

Bugallal.
Gabino Bugallal (Ponteareas).
Véxase tamén: Isidoro Bugallal.

Gabino Bugallal Araújo, conde de Bugallal, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, onde repousa[1].

Predecesor:
Eduardo Dato
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar

Familia

Irmán de Isidoro Bugallal, foi neto do xornalista Isidoro Araújo. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.

Notas