Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Nados en Ponteareas]]
[[Categoría:Nados en Ponteareas]]
[[Categoría:Condado de Bugalllal]]
[[Categoría:Condado de Bugallal]]


[[ca:Gabino Bugallal Araujo]]
[[ca:Gabino Bugallal Araujo]]

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2011 ás 19:00

Bugallal.
Gabino Bugallal (Ponteareas).
Véxase tamén: Isidoro Bugallal.

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Predecesor:
Eduardo Dato Iradier
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz

Familia

Irmán de Isidoro Bugallal, foi neto do xornalista Isidoro Araújo. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.