Isidoro Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m moveu "Isidoro Bugallal Araújo" a "Isidoro Bugallal" sobre unha redirección
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
Foi [[Deputación de Pontevedra|deputado provincial]], deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas en [[1903]] e polo distrito de Ourense en [[1914]]. Colaborou na prensa galega e madrileña e foi elixido académico correspondente da [[Real Academia Galega]].

Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro, que faleceu en 1892 e en segundas con Pilar Marchesi Buhigas. O seu fillo foi o xornalista [[José Luis Bugallal Marchesi]].
Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro, que faleceu en 1892 e en segundas ([[1894]]) con Pilar Marchesi Buhigas. O seu fillo foi o xornalista [[José Luis Bugallal Marchesi]].

Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.
Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2011 ás 17:06

Véxase tamén: Gabino Bugallal Araújo.

Isidoro Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 3 de setembro de 1854 e falecido en Madrid o 14 de abril de 1914, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 trasladouse a Madrid e ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade.

Foi deputado provincial, deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas en 1903 e polo distrito de Ourense en 1914. Colaborou na prensa galega e madrileña e foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega.

Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro, que faleceu en 1892 e en segundas (1894) con Pilar Marchesi Buhigas. O seu fillo foi o xornalista José Luis Bugallal Marchesi.

Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.

Obras

  • Dos semblanzas de Cánovas, 1898.
  • Suiza española. Paseando por Galicia, 1903.
  • Notas políticas. Antes y después del Desastre, 1908.

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Morán, Beatriz e Mínguez-Goyanes de la Rica, José Luis (2003). Parlamentarios de Galicia, biografías de deputados e senadores (1810-2001). A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-27-4.