Esfinxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: fa:ابوالهول
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Сфинкс
Liña 37: Liña 37:
[[ja:スフィンクス]]
[[ja:スフィンクス]]
[[ka:სფინქსი (მითოლოგია)]]
[[ka:სფინქსი (მითოლოგია)]]
[[kk:Сфинкс]]
[[kn:ಸ್ಫಿಂಕ್ಸ್‌ (ಸಿಂಹನಾರಿ)]]
[[kn:ಸ್ಫಿಂಕ್ಸ್‌ (ಸಿಂಹನಾರಿ)]]
[[ko:스핑크스]]
[[ko:스핑크스]]

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2011 ás 09:27

Estatua da Esfinxe.

Na mitoloxía grega, a Esfinxe (Gl-esfinxe.ogg pronunciación ) (en grego antigo Σφίγξ, quizáis de σφίγγω, ‘estrangular’) era un monstro feminino ó que se lle outorgaba rostro de muller, peito, patas, e rabo de león, e ademais tiña ás de ave rapiña.

Supónse que en certas versións é filla de Equidna (víbora con corpo de muller, pero con rabo de de serpe en lugar de pernas), outros a Ortro (can de varias cabezas), outros a Tifón, e outros ó que foi o rei de Tebas (pai de Edipo).

Hera envía á Esfinxe a Tebas para castigar á cidade polo amor culpable que sentía Laio por Crisipo, fillo de Pélope (críase que foi a primeira relación homosexual). Así a esfinxe guareceuse nas montañas ó oeste de Tebas, e desde alí devoraba a todos os seres humáns que estiveran ó seu pé, atormentando ó país.

Antes de comer ós viaxeiros impoñíalles acertixos imposibles de resolver, coa condición de que se os respondían correctamente non os devoraría. Ninguén os acertou ata que chegou Edipo. O acertixo era: "Que é o que ten catro patas pola mañan, duas a mediodía e tres pola noite". A resposta era o home, pois gatea cando é neno, camiña cando é adulto e de vello anda co bastón. Outro acertixo era: "Eran dúas irmás, unha delas enxendra á outra, e ésta a súa vez enxendra á primeira". A resposta é o día ea noite. Cando Edipo resolveu o acertixo a esfinxe suicidouse.