Matalobos (serie de televisión): Diferenzas entre revisións
Liña 414: | Liña 414: | ||
| |
| |
||
| |
| |
||
| |
|||
|- bgcolor="#B0E0E6" |
|- bgcolor="#B0E0E6" |
||
| <center>52</center> |
| <center>52</center> |
||
Liña 421: | Liña 420: | ||
| |
| |
||
| |
| |
||
| |
|||
|- bgcolor="#B0E0E6" |
|- bgcolor="#B0E0E6" |
||
| <center>53</center> |
| <center>53</center> |
||
Liña 428: | Liña 426: | ||
| |
| |
||
| |
| |
||
| |
|||
|- bgcolor="#B0E0E6" |
|- bgcolor="#B0E0E6" |
||
| <center>54</center> |
| <center>54</center> |
||
Liña 435: | Liña 432: | ||
| |
| |
||
| |
| |
||
| |
|||
|- bgcolor="#B0E0E6" |
|- bgcolor="#B0E0E6" |
||
| <center>55</center> |
| <center>55</center> |
Revisión como estaba o 16 de novembro de 2011 ás 17:59
Matalobos | |
---|---|
Formato | Drama |
Dirixido por | Toño López e Jorge Saavedra |
Intérpretes | Luís Iglesia (Carmelo) Xabier Deive (Diego) Luisa Merelas (Carme) Carolina Vázquez (Bárbara) Mónica Camaño (Olaia) Camila Bossa (Adriana) Antonio Mourelos (Santiago) |
País de orixe | Galiza |
Produción | |
Duración | aproximadamente 50 minutos por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 13 de abril de 2009 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Matalobos é unha serie galega, estreada na TVG o 13 de abril de 2009 e producida por Voz Audiovisual, que xira ao redor de varias familias relacionadas co narcotráfico, cuxa acción se desenvolve na vila de Sardiñeira. Os exteriores son gravados na cidade da Coruña e arredores, como a parroquia de Sigrás (Cambre) ou o centro penitenciario de Teixeiro.
Características
Os capítulos están dirixidos por Toño López e Jorge Saavedra, con guións de Carlos Portela, Víctor Sierra, Jose Rubio, Alberto Guntín, Diego Ameixeiras, Denís López e Daniel D. García e con Luís Iglesia, Luisa Merelas, Mónica Camaño, Camila Bossa e Antonio Mourelos entre os protagonistas.
Nun inicio emitiuse nas noites dos luns (en substitución de Padre Casares), e dos martes.
A primeira tempada, de 22 episodios, emitiuse entre xaneiro e xuño de 2009, logrando situarse no terceiro posto do Ranking dos programas galegos máis vistos, por detrás de Padre Casares e Libro de familia, posto que repetiu coa 2ª tempada (2009-10), de 26 capítulos, e que se emitiu entre xaneiro e xuño de 2010, aparecendo os martes pola noite.
Reparto
Principal
- Luís Iglesia (Carmelo Matalobos Torreiro)
- Luisa Merelas (Carme Torreiro Folgar)
- Carolina Vázquez (Bárbara Juve Boedo)
- Xabier Deive (Diego Dourado Fontán)
- Marcos Orsi (Manuel "Zico" Gonçalves da Silva)
- Pepo Suevos (Pablo Couto Fernández, "O Ruso")
- Olalla Salgado (Sarxento Alba Varela, faise pasar por Irene Sampedro Trejo)
- Salvador del Río (Pepe Viaño Senra)
- Rebeca Montero (Lola Ugarte Pereira)
- María Mera (Vanesa Viaño Ugarte)
- Ricardo de Barreiro (Mateo Veloso García)
- Daniel Currás (Pablo "Pincho" Aldariz)
- Marcos Vieitez (Lino Acevedo Lago)
- Mónica Camaño (Xuíza Olaia Mosteiro Losada)
- Isabel Naveira (Cabo Eva Seijas)
- Milo Taboada (Xan Cartelle Sáez).
- Xavier Estévez (Tenente Rubén Cardia)
Colaboración especial de:
- Camila Bossa (Adriana Calderón Arango)
- Antonio Mourelos (Tenente Santiago Táboas Freire)
Episódico
- Nuncy Valcárcel (Claudia Matalobos Torreiro)
- Artur Trillo (Lois Diz Bugallo)
- Mighello Blanco (Rafael Ferreira Lagares)
- José Barato (Pedro Beira Martínez)
- Rosa Álvarez (Milagros)
- Carlos Sante (Víctor)
- Guillermo Carbajo (Carlos)
- Josito Porto (Luis)
- César Cambeiro (Miguel Saavedra)
- Mariana Carballal (Virxinia)
- Nekane Fernández (Natalia)
- Evaristo Calvo (Fiscal Martín Bueno)
- Manuel Lourenzo (Xosé Louro)
- Nerea Barros (Sandra)
- Pepe Penabade (Braulio)
- Marcos Correa (Xulio Barreiro)
- Marta Larralde (Raquel)
- Orlando Valenzuela (Mario Buendía)
- Mariana Expósito Castaño (Mariana Expósito no capítulo "Todo ten consecuencias" e Xulia no capítulo "Todo en orde").
Abandonaron
- Rubén Riós (Salvador Caaveiro)
- Fernando Morán (Arturo Campos Ulloa, falecido no capítulo 22)
- Daniel Lago (Iván Matalobos Juve, falecido no capítulo 28)
- Iago García (Capitán Marcos Matalobos Torreiro, falecido no capítulo 48)
- María Tasende (Sara Campos Valiño, falecida no capítulo 48)
Capítulos e audiencias
Premios e candidaturas
Premios Ondas
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor programa emitido por emisoras ou cadeas non nacionais | Candidato |
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Iglesia | Candidato | |
Mellor interpretación femenina protagonista | Luisa Merelas | Candidata | |
Mellor interpretación masculina de reparto | Xabier Deive | Candidato | |
Mellor interpretación femenina de reparto | Camila Bossa | Gañadora | |
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Alberto Guntín José Rubio |
Candidatos | |
Mellor realización | Toño López Jorge Saavedra |
Gañadores | |
Mellor dirección artística | Antonio Pereira | Candidato | |
Mellor deseño de vestiario | Saturna | Candidata | |
Mellor maquillaxe e perruquería | Natalia Arcay Beatriz Vázquez |
Candidatas | |
2010 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Iglesia | Candidato | |
Mellor interpretación femenina protagonista | Luisa Merelas | Candidata | |
Carolina Vázquez | Candidata | ||
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Alberto Guntín José Rubio |
Candidatos | |
Mellor realización | Jorge Saavedra Iván Seoane |
Gañadores | |
Mellor dirección de produción | Ana Míguez | Candidata |
Outros
- Mención Especial da Garda Civil por "el rigor y la labor divulgativa realizada sobre el instituto armado"[1].
Notas
- ↑ "A Garda Civil distingue á serie «Matalobos»", artigo en La Voz de Galicia, 1 de outubro de 2009 (consultado o 14 de marzo de 2010).