Facultade de Informática da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 18: Liña 18:


==Titulacións==
==Titulacións==
Está en proceso de adaptación ó [[EEES]] nado a raíz do [[proceso de Bologna]]. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártese o graos en Enxeñaría Informática, coas especialidades de Computación, Enxeñaría de computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da información e Enxeñaría do software.
Está en proceso de adaptación ó [[EEES]] nado a raíz do [[proceso de Bologna]]. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártese o grao en Enxeñaría Informática, coas especialidades de Computación, Enxeñaría de computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da información e Enxeñaría do software.


Hai tres enxeñarías en proceso de extinción (Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión), e seis mestrados no mesmo proceso (Mestrado universitario en enxeñaría de sistemas informáticos, Mestrado interuniversitario en enxeñaría matemática, Mestrado interuniversitario en técnicas estatísticas, Mestrado interuniversitario en tecnoloxías da información e as comunicacións en redes móbiles, Mestrado interuniversitario en computación de altas prestacións e Mestrado interuniversitario en computación.
Impártense tamén seis mestrados xa adaptados ó EEES (Mestrado universitario en enxeñaría de sistemas informáticos, Mestrado interuniversitario en enxeñaría matemática, Mestrado interuniversitario en técnicas estatísticas, Mestrado interuniversitario en tecnoloxías da información e nas comunicacións en redes móbiles, Mestrado interuniversitario en computación de altas prestacións e Mestrado universitario en computación). <ref>[http://www.fic.udc.es/HarvestExternalData.do?operation=teaching.admission Oferta académica]</ref>

Hai tres enxeñarías en proceso de extinción (Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión).


== Equipo decanal ==
== Equipo decanal ==

Revisión como estaba o 11 de novembro de 2011 ás 13:30

Coordenadas: 43°19′58″N 08°24′38″O / 43.33278, -8.41056

Facultade de Informática da UDC.

A Facultade de Informática da Coruña (FIC) é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no campus de Elviña.

Historia

Logotipo conmemorativo do 25 aniversario da fundación da Escola Universitaria de Informática da Coruña (1986-2011).

A idea de crear na Coruña unha escola universitaria de informática comezou a tomar corpo entre 1983 e 1985, promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fixéronse eco Alfredo Bermúdez de Castro e José Luís Freire Nistal por entón vicerreitor e profesor na Universidade de Santiago de Compostela respectivamente, conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en Galicia. Esta reunión, que se celebrou co apoio da Deputación da Coruña no pazo de Mariñán, deixou sentadas as bases da carreira.

En 1986 a Universidade de Santiago creou a Escola Universitaria de Informática da Coruña, como primeiro paso para a creación dunha facultade, e nela integráronse importantes figuras académicas e algúns profesionais que se comprometeron coa idea. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo consello de universidades: a diplomatura en informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.

A Escola comezou a súa andadura nalgunhas aulas e locais que lle cedeu a Escola de Aparelladores, onde chegaron a compartir un despacho entre cinco profesores. O alumnado examinábase en taboleiros de debuxo.

Pouco a pouco foron mellorando as dotacións e chegou a Facultade e as primeiras promocións de licenciados. Fundouse a Universidade da Coruña e, por fin, se construíu o actual edificio, que se inaugurou en 1993. En 1994 chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión.

A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas titulacións deran paso no curso 2010/2011 ós novos títulos de grao e mestrado.

Titulacións

Está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártese o grao en Enxeñaría Informática, coas especialidades de Computación, Enxeñaría de computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da información e Enxeñaría do software.

Impártense tamén seis mestrados xa adaptados ó EEES (Mestrado universitario en enxeñaría de sistemas informáticos, Mestrado interuniversitario en enxeñaría matemática, Mestrado interuniversitario en técnicas estatísticas, Mestrado interuniversitario en tecnoloxías da información e nas comunicacións en redes móbiles, Mestrado interuniversitario en computación de altas prestacións e Mestrado universitario en computación). [1]

Hai tres enxeñarías en proceso de extinción (Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión).

Equipo decanal

O actual decano é Alberto Valderruten Vidal[2], nomeado por primeira vez o 9 de xaneiro de 2004 sendo o terceiro decano da historia da Facultade.

Desde a súa fundación coma Facultade foron decanos:

Departamentos

Os departamentos cos que conta a facultade son[4] computación, electrónica e sistemas, matemáticas e tecnoloxía da información e das comunicacións. Outros departamentos que imparten materias nesta facultade pero que teñen a súa sede noutras son economía financeira e contable, filoloxía inglesa e dereito público especial.

Curiosidades

O 19 de marzo celébrase a festividade de San Xosé, patrón do centro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Páxina web da Facultade