Augardente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 41: Liña 41:
[[it:Aguardiente]]
[[it:Aguardiente]]
[[nl:Aguardiente]]
[[nl:Aguardiente]]
[[oc:Aigardent]]
[[pt:Aguardente]]
[[pt:Aguardente]]
[[sv:Aguardiente]]
[[sv:Aguardiente]]

Revisión como estaba o 8 de novembro de 2011 ás 21:41

A augardente é o nome co que se designa un espectro de bebidas alcólicas destiladas, de entre 40 e 45 graos, que poden ser bebidas, xa sexa puras, engadidas son outras bebidas, aromatizadas ou mesturadas. Obtéñense por destilación do bagazo ou de determinados cereais, froitas ou sementes, como centeo, cebada, baias de xenebreiro, cereixas, uvas, cana de azucre e o anís, entre outras. O nome deriva do latín aqua ardens, termo co que se chamaba ao alcol obtido por destilación.

A augardente en Galicia

A augardente, tamén chamada co castelanismo caña en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamados bagazo. Por iso é tamén coñecida, especialmente entre os produtores, como augardente de bagazo ou bagaceira.

A diferencia doutras partes da Península Ibérica, en Galicia retíranselle os talos das uvas ao bagazo para facer a augardente, o que lle dá unha suavidade especial.

É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.

Variedades

  • Augardente branca: de cor transparente
  • Augardente de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado; de cor dourada.
  • Augardente torrada: de cor marrón clara.

Historia

En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (novembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.

Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia (orujo é como se chama en castelán o bagazo) e co máis propiamente galego Augardente de Galicia.

En 2005, a denominación de orixe amparaba a 39 embotelladores cunha produción anual de 169.908 litros de augardente branca, 220 litros de augardente de herbas e 2.358 litros de licor de herbas, ademais de 1.715 litros de licor café [1].

Utilidade

A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.

Notas

  1. Anuario de Estatística Agraria 2005, Consellería do Medio Rural.

Véxase tamén

Ligazóns externas