Ramón Mercader: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh:拉蒙·麥卡德
arranxiños
Liña 13: Liña 13:
}}
}}
[[Imaxe:Trotsky grave.jpg|right|thumb|200px|Epitafio de Trotski, en México]]
[[Imaxe:Trotsky grave.jpg|right|thumb|200px|Epitafio de Trotski, en México]]
'''Jaime Ramón Mercader del Río Hernández''' nado o, [[7 de febreiro]] de [[1914]] en [[Barcelona]] e finado o, [[18 de outubro]] de [[1978]] na [[A Habana|Habana]] foi un [[militar]] e [[política|politico]] [[catalán]], militante do [[Partido Socialista Unificado de Cataluña]] (PSUC), participou na [[Guerra Civil Española]], durante a cual ingresou nos Servizos Secretos Soviéticos. Infiltrado nos círculos trotskistas en París, durante o tempo en que [[Josef Stalin]] era gobernante da [[Unión Soviética]], a temida [[NKVD]] estalinista asignoulle a misión de asasinar a [[Lev Trotski]] previo pago de medio millón de dólares, feito polo que pasaría a historia. Aínda que os arquivos desclasificados demostraron que era un axente soviético<ref>[http://www.nsa.gov/publications/publi00039.cfm A KGB en San Francisco e na Cidade de Mexico: Nome clave GNOME - O asasino de Trotski]</ref> algúns seguidores de Stalin seguen a argumentar que era un seguidor de Trotski disgustado.<ref>[http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=950DE5D7163EF935A25752C0A96F948260 O novo Trotski: Xa non é un diaño], por Craig R. Whitney. Publicado no ''[[New York Times]]'' o 16 de xaneiro 1989; aceso o 5 de marzo de 2009. ''"E casi todos os escritores e historiadores sovieticos en xeral, agora aceptan a opinión de que era o propio Stalin, e no [[Lavrenti Beria]], quen ordenou o asasinato de Trotski ... Nada de isto se presenta como unha novidade para os historiadores occidentales, ou historiadores e escritores sovieticos independentes con longo coñecemento dos feitos."'' en ingles</ref><ref>[http://www.oneparty.co.uk/html/ontrot.html As bases do troskismo e a pertinencia de continuar coa loita], '''Tony Clark, Stalin Society''' en ingles</ref>
'''Jaime Ramón Mercader del Río Hernández''', nado o [[7 de febreiro]] de [[1914]] en [[Barcelona]] e finado o [[18 de outubro]] de [[1978]] na [[A Habana|Habana]], foi un [[militar]] e [[política|politico]] [[catalán]]. Militante do [[Partido Socialista Unificado de Cataluña]] (PSUC) participou na [[Guerra Civil Española]] durante a cal ingresou nos Servizos Secretos Soviéticos. Infiltrado nos círculos trotskistas en París, durante o tempo en que [[Josef Stalin]] era gobernante da [[Unión Soviética]], a temida [[NKVD]] estalinista asignoulle a misión de asasinar a [[Lev Trotski]] previo pago de medio millón de dólares, feito polo que pasaría a historia. Aínda que os arquivos desclasificados demostraron que era un axente soviético<ref>[http://www.nsa.gov/publications/publi00039.cfm A KGB en San Francisco e na Cidade de Mexico: Nome clave GNOME - O asasino de Trotski]</ref> algúns seguidores de Stalin seguen a argumentar que era un seguidor de Trotski disgustado.<ref>[http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=950DE5D7163EF935A25752C0A96F948260 O novo Trotski: Xa non é un diaño], por Craig R. Whitney. Publicado no ''[[New York Times]]'' o 16 de xaneiro 1989; aceso o 5 de marzo de 2009. ''"E casi todos os escritores e historiadores sovieticos en xeral, agora aceptan a opinión de que era o propio Stalin, e no [[Lavrenti Beria]], quen ordenou o asasinato de Trotski ... Nada de isto se presenta como unha novidade para os historiadores occidentales, ou historiadores e escritores sovieticos independentes con longo coñecemento dos feitos."'' en ingles</ref><ref>[http://www.oneparty.co.uk/html/ontrot.html As bases do troskismo e a pertinencia de continuar coa loita], '''Tony Clark, Stalin Society''' en ingles</ref>


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2011 ás 14:36

Infotaula de personaJaime Ramón Mercader del Río Hernández
Nome orixinal(ca) Jaume Ramon Mercader del Río
(es) Jaime Ramón Mercader del Río Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1913 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Barcelona
Morte18 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
A Habana
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro óseo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Kuntsevo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
militante
Datos persoais
Outros nomesJacques Mornard
Frank Jackson
Ramón López Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaStalinismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar e politico
EmpregadorInstituto Marx-Engels-Lenin (pt) Traducir
NKVD Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC)
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española e Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Fronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Outro
PaisPablo Mercader Medina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Caridad Mercader (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuis Mercader del Río (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porasasinato (1940) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
21 de agosto de 1940assassination of Leon Trotsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1533881 Find a Grave: 8249680 Editar o valor em Wikidata
Epitafio de Trotski, en México

Jaime Ramón Mercader del Río Hernández, nado o 7 de febreiro de 1914 en Barcelona e finado o 18 de outubro de 1978 na Habana, foi un militar e politico catalán. Militante do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) participou na Guerra Civil Española durante a cal ingresou nos Servizos Secretos Soviéticos. Infiltrado nos círculos trotskistas en París, durante o tempo en que Josef Stalin era gobernante da Unión Soviética, a temida NKVD estalinista asignoulle a misión de asasinar a Lev Trotski previo pago de medio millón de dólares, feito polo que pasaría a historia. Aínda que os arquivos desclasificados demostraron que era un axente soviético[1] algúns seguidores de Stalin seguen a argumentar que era un seguidor de Trotski disgustado.[2][3]

Traxectoria

Mercader naceu en 1914 en Barcelona, pero pasou parte de súa xuventude en Francia coa súa nai, Eustacia Maria Caridad del Río Hernández, tras a separación de seus pais. Aínda mozo abrazou o comunismo, axudando a organizacións da esquerda española durante mediados dos anos 30. Foi arrestado debido as súas actividades politicas, sendo liberado cando unha coalición de esquerda venceu nas eleccións e asumiu o goberno do país en 1936.

Nesta época, a súa propia nai fixose axente soviética, e Ramón seguiu os camiños dela ao viaxar para Moscova pouco tempo antes de irromper a Guerra Civil Española, coa intención de adestrarse nas artes da sabotaxe, loita de guerrillas e o asasinato. Foille dado o nome clave "GNOME" polos seus superiores.

Asasinato de Trotski

Os seus xefes da NKVD escollérano para asasinar a Trotski, o cal deixara a URSS moitos anos antes. O bolxevique histórico saíra de seu país despois da derrota na disputa polo poder con Stalin, pero continuaba a criticar o líder soviético cos seus escritos desde o exilio en Mexico.

En outubro de 1939, Mercader entrou en México cun pasaporte falso, identificándose como un enxeñeiro canadense chamado " Frank Jacson", un home de negocios.O día 24 de maio de 1940, fallou un elaborado plan de asasinato estabelecido por Mercader e o axente David Alfaro Siqueiros da NKVD en México. Deste modo xeraron un segundo plan. Desta vez, "Jacques Mornard", que evitara levantar sospeitas durante o primeiro atentado contra a vida de Trotski, facéndose pasar por un rico comerciante, conseguiu a amizade da secretaria privada de Trotski, Sylvia Ageloff (Сильвия Агелофф), ata lograr logo de varios meses de romance acceder ao círculo de confianza de Trotski, (chegando ata a regalar bombons á esposa do ex-líder, Natasha), baixo o pretexto de ser un admirador canadense das ideas de Trotski. [4]

Derradeiro despacho de Trotski, onde foi asasinado

A mañá do 20 de agosto de 1940 Trotski recibiu a soas a Mercader, no estudo da sua casa en Coyoacán (próximo á Cidade de México), este traíalle uns supostos escritos. Trotski achegouse á fiestra co obxecto de ler mellor e nese instante Mercader descargoulle un feroz golpe de piolet na cabeza enterrando profundamente a ferramenta no cranio de Trotski. Aínda así, Trotski non pereceu instantaneamente logrando darlle unha mordida nunha man antes de que chegaran os seus gardacostas, e sobreviviu entre espasmos e convulsións por unhas 12 horas máis antes de falecer. Neste percance Mercader indentificouse como un periodista belga chamado "Jacques Mornard".

Segundo algúns relatos, os gardacostas de Trotski entraron no estudo e cando xa ían matar a Mercader, Trotski salvoulle a vida gritando "Non o maten! Este home ten unha historia a contar."

Prisión, Fidelidade e Recoñecemento

Mercader foi conducido ante ás autoridades mexicanas, a quen rexeitou revelarlle a súa identidade real; non obstante, foi condenado por asasinato e sentenciado a 20 anos de prisión. Stalin nos primeiros momentos non foi relacionado co asasinato e non lle importou a sorte corrida por Mercador. En principio, a declaración de Mercador era que tiña problemas persoais con Trotski. Mesmo sendo frecuentemente torturado pola policía mexicana, el xamais revelou a súa identidade ou ás súas conexións coa NKVD. Tras uns anos de prisión, Mercader pleiteou liberdade condicional, que lle foi negada polo Dr. Jesús Siordia e polo criminologista Q. Cuarón. En agosto de 1953 a súa verdadeira identidade foi descuberta, o 6 de maio de 1960, tras cumprir a súa pena foi finalmente liberado do presidio Lecumberri, na Cidade de México. En 1961, el mudouse para a URSS e foi condecorado en segredo coa medalla de Heroe da Unión Soviética, unha das máis altas encomendas do país, máis tarde, desilusionado da desestalinización da URSS, radicouse en Checoslovaquia para maís tarde mudarse a A Habana, onde o goberno revolucionario de Fidel Castro o acolleu. Mercader dividiuse entre Cuba e a Unión Soviética polo resto de súa vida, traballando para a KGB (sucesora da NKVD) e como conselleiro de Fidel Castro. En 1977 pediulle a Santiago Carrillo, nunha visita que fixo este a Moscova, poder pasar os seus ultimos dias en Cataluña, pero este púxolle como condición que escribise as súas memorias contando quen lle encargou o asasinato de Trotski. Mercador rexeitouno de plano dicindo: "Aos meus nunca os vou a traizoar". Faleceu na A Habana, en 1978, e encóntrase sepultado co nome de Ramon Ivanovitch López no cemiterio Kuntsevo, en Moscova, posuíndo un lugar de honra, no museo da KGB na capital rusa.[5]

Ás súas conexións coa NKVD non foron reveladas até que ocorreu a disolución da Unión Soviética.

Alfonso Quiroz, un psicólogo mexicano que se interesou polo caso, concluíu tras diversas análises que Mercader era unha persoa superdotada, pois alén de dominar varios idiomas fluidamente tiña unha capacidade de raciocinio por enriba do normal.

Existe un filme-documental sobre Ramón Mercader, Asaltar los cielos, de 1996, dirixida por José Luís López Linares e Javier Rioyo. Ainda que máis que tratar a figura de Ramón Mercader, trata a da súa nai, Caridade, filla dun rico industrial que tivo gran influencia na militancia de esquerdas de Ramón e os seus irmáns.

Ramón Mercader na web

Referencias

  1. A KGB en San Francisco e na Cidade de Mexico: Nome clave GNOME - O asasino de Trotski
  2. O novo Trotski: Xa non é un diaño, por Craig R. Whitney. Publicado no New York Times o 16 de xaneiro 1989; aceso o 5 de marzo de 2009. "E casi todos os escritores e historiadores sovieticos en xeral, agora aceptan a opinión de que era o propio Stalin, e no Lavrenti Beria, quen ordenou o asasinato de Trotski ... Nada de isto se presenta como unha novidade para os historiadores occidentales, ou historiadores e escritores sovieticos independentes con longo coñecemento dos feitos." en ingles
  3. As bases do troskismo e a pertinencia de continuar coa loita, Tony Clark, Stalin Society en ingles
  4. Ramón Mercader: O asasino de Leon Trotski en Cuba en castelán
  5. Paxina cunha foto co sartego de Ramón Mercader en ingles