Moeda (peza metálica): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: su:Duit Logam
m r2.6.4) (Bot: Engado: nso:Coin
Liña 49: Liña 49:
[[nl:Munt (betaalmiddel)]]
[[nl:Munt (betaalmiddel)]]
[[no:Mynt]]
[[no:Mynt]]
[[nso:Coin]]
[[pl:Moneta]]
[[pl:Moneta]]
[[pt:Moeda (peça metálica)]]
[[pt:Moeda (peça metálica)]]

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2011 ás 21:57

Unha moeda é unha peza de metal cun peso e lei garantidos por unha autoridade.

Historia

As moedas foron unha tentativa ben éxitosa de organizar a comercialización de produtos, e substituir a simple troca de mercadorías. Hai diverxencias sobre cal pobo foi o primeiro en utilizar a técnica da cuñaxe de moedas, pois hai indicios de que en 1100 a.C. a China emitiu unidades metálicas cun peso e valor uniformemente determinado e que podemos considerar as primeiras moedas. No ámbito europeo e mediterráneo aparecen por primeira vez no século VI a.C. en Lidia (Asia Menor). Desde aquí estendeuse o seu uso por Grecia e os fenicios levárono por todo o Mediterráneo.

Durante moitos anos a moeda posuía un valor real, dependía do metal de que era feita e tiña un valor equivalente ao do metal co que se fabricaba (ouro ou prata). Hoxe, a maioría dos países do mundo usan moedas de valor nominal, pois o seu valor non corresponde ao metal de que é producida.