Monte Olimpo, Chipre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (Bot: Engado: sk:Olympus
m Substitución de "Ver tamén" por " Véxase tamén" segundo WP:LE
Liña 37: Liña 37:
O [[Olimpo (mitoloxía)|Olimpo]] mitolóxico da Grecia Antiga está inspirado por outro monte [[homónimo]], o [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] de Grecia, sito entre as rexións da [[Macedonia, Grecia|Macedonia helena]] e a [[Tesalia]].
O [[Olimpo (mitoloxía)|Olimpo]] mitolóxico da Grecia Antiga está inspirado por outro monte [[homónimo]], o [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] de Grecia, sito entre as rexións da [[Macedonia, Grecia|Macedonia helena]] e a [[Tesalia]].


==Ver tamén==
==Véxase tamén==
* [[Xeografía de Grecia]].
* [[Xeografía de Grecia]].
* [[Montes Troodos]].
* [[Montes Troodos]].

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2011 ás 20:14

Monte Olimpo
Vista do Olimpo e parte dos montes Troodos

Elevación: 1.953 metros
Latitude: 34° 56′ 12″ N
Lonxitude: 32° 51′ 50″ E
Localización: Chipre
Cordilleira: Montes Troodos
Primeira acensión: ?
Rota máis fácil: Pola estrada
O monte Olimpo localízase no centro-oeste de Chipre

O monte Olimpo è a montaña de maior elevación na illa mediterránea de Chipre, cunha altura de 1.953 metros sobre o nivel do mar.

Xeografía

O Olimpo chipriota forma parte da cadea dos montes Troodos e érguese máis ou menos no centro-oeste da illa. O pico máis alto da montaña, denominado Chionistra, está case por completo ocupado polas instalacións de telecomunicacións e radar do exército hcipriota e do Reino Unido, consonte ao Tratado de Independencia asinado no 1960.

Ascensión

É posíbel ascender seguindo a estrada que sube polo monte, ou ben a pé através dun val no que se poden observar algunhas fervenzas. Nas proximidades do monte radica o famoso mosteiro de Kykkos.

Instalacións de esquí

No inverno, entre o mes de xaneiro e o de marzo, con algunhas precipitacións é posíbel esquiar nas catro pistas do Olimpo, ás que se chega desde a estrada que sae desde a aldea de Troodos.

Nota

O Olimpo mitolóxico da Grecia Antiga está inspirado por outro monte homónimo, o Olimpo de Grecia, sito entre as rexións da Macedonia helena e a Tesalia.

Véxase tamén