Heinrich Rickert: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: et:Heinrich Rickert
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
[[ja:ハインリヒ・リッケルト]]
[[ja:ハインリヒ・リッケルト]]
[[pl:Heinrich Rickert (filozof)]]
[[pl:Heinrich Rickert (filozof)]]
[[ru:Риккерт, Генрих]]
[[ru:Риккерт, Генрих (философ)]]
[[sk:Heinrich Rickert]]
[[sk:Heinrich Rickert]]
[[sv:Heinrich Rickert]]
[[sv:Heinrich Rickert]]

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2011 ás 06:15

Heinrich Rickert

Heinrich Rickert (Dantzing, 1863 — Heidelberg, 1936). Filósofo alemán. Profesor na Universidade de Friburgo desde 1891, onde tivo como alumno a Martin Heidegger, sucedeu en 1916 a Wilhelm Windelband na cátedra de filosofía en Heidelberg. Integrado na escola neokantiana de Baden desenvolveu unha "filosofía dos valores" como a prioris nos que fundar unha conceptualización científica no campo das ciencias culturais. Desta forma Rickert pensaba superar o relativismo historicista e completar ó mesmo tempo a reflexión kantiana sobre as ciencias da natureza. Os valores terían un rango ontolóxico propio diferente das realidades físicas e tamén psíquicas, pero podendo residir nun obxecto, transformándoo nun ben, ou nos actos dun suxeito, converténdoo en algo valorable. O obxectivo das ciencias culturais consistiría en poñer en relación os feitos por elas estudiados con algún valor. Agora ben, non concibe a valoración do investigador como unha arbitrariedade guiada subxectivamente, senón como unha actividade na que se debe constatar os valores que de feito actúan social e historicamente. É dicir, non se trata dunha valoración práctica (Ética), senón dunha valoración teórica (Ciencia). Pódese dicir que Rickert sitúase a medio camiño entre as filosofías naturalistas e as filosofías vitalistas que dominaron as primeiras décadas do século XX.

Como obras salientables mencionaremos Ciencias culturais e ciencias naturais (1899), Os límites da conceptualización naturalista (1896-1902) e Filosofía da vida (1920)