Sueste asiático: Diferenzas entre revisións
m →Véxase |
m r2.7.1) (Bot: Engado: mn:Зүүн Өмнөд Ази |
||
Liña 82: | Liña 82: | ||
[[mk:Југоисточна Азија]] |
[[mk:Југоисточна Азија]] |
||
[[ml:തെക്കുകിഴക്കേ ഏഷ്യ]] |
[[ml:തെക്കുകിഴക്കേ ഏഷ്യ]] |
||
[[mn:Зүүн Өмнөд Ази]] |
|||
[[mr:आग्नेय आशिया]] |
[[mr:आग्नेय आशिया]] |
||
[[ms:Asia Tenggara]] |
[[ms:Asia Tenggara]] |
Revisión como estaba o 29 de outubro de 2011 ás 05:49
O sueste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.
Características
O nome non se comezou a empregar ata o século XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.
En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.
Historia
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: China e India. Deles houbo influenzas de tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.
Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos bramáns. Tales pobos trouxeron consigo o hinduísmo e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o século XV, cando na península Indochinesa se introduciu o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a invasión do Islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén a chegada do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).
Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de Bali, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.