Juan María Bandrés: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 22: Liña 22:
[[Categoría:Políticos do País Vasco]]
[[Categoría:Políticos do País Vasco]]
[[Categoría:Eurodeputados]]
[[Categoría:Eurodeputados]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]


[[ca:Juan María Bandrés Molet]]
[[ca:Juan María Bandrés Molet]]

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2011 ás 10:07

Juan María Bandrés Molet, nado en Donostia o 12 de febreiro de 1932 e falecido 28 de outubro de 2011 na mesma cidade[1], foi un avogado e político vasco.

Traxectoria

Infancia e formación

Durante a Guerra Civil el e a súa familia teñen que desprazarse por varias ciudades do norte de España, e non volta a Donostia ata rematado o conflito. Na cidade guipuscoana estuda no colexio do Sagrado Corazón. Comeza dereito por libre na Universidade de Oviedo e licénciase, xa por oficial na Universidade de Santiago de Compostela en 1952. Logo de rematar os seus estudos realiza o servizo militar no Hospital Militar de Tetuán.

Exercicio da avogacía

En 1958 instálase de novo en Donostia e comeza a traballar como avogado. Na década de 1960 comeza a defender perante o Tribunal de Orde Pública a diversos procesados, moitos deles militantes de Euskadi Ta Askatasuna (ETA), acusados de propagada ilegal e de actos non violentos. Pola súa defensa destes militantes, logo do primeiro asasinato de ETA (o do policía Melitón Manzanas en 1968 e do estado de excepción decretado posteriormente, o goberno de Francisco Franco destérrao a Purchena (Almería), durante tres meses.

Logo da deportación, continúa traballando como avogado de presos antifranquistas. En 1970 encárgase da defensa de Jokin Gorostidi e Itziar Aizpurua, dous militantes de ETA naquel momento, que despois participarían en política en diversas formacións da esquerda abertzale. Foi no marco do proceso de Burgos, un macroxuízo contra membros de ET, onde algúns, como Gorostidi, acabaron condenados a penas de morte, conmutadas por penas de cárcere e, posteriormente, amnistiados ao chegar da democracia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Juan María Bandrés. Memorias para la Paz. Editorial HMR (Hijos de Muley Rubio).  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda); Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellidos= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |ubicación= ignorado (suxírese |lugar=) (Axuda); Parámetro descoñecido |enlaceautor= ignorado (suxírese |ligazón-autor=) (Axuda)