Game Boy: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 19: Liña 19:


== Accesorios ==
== Accesorios ==
O cable Link permite conectar dúas consolas para, nos xogos que así o permiten, xogar en multixogador


== Especificacións técnicas ==
== Especificacións técnicas ==

Revisión como estaba o 26 de outubro de 2011 ás 13:05


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

A Game Boy (ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha videoconsola portátil de videoxogos desenvolvida e manufacturada por Nintendo. Foi lanzada por primeira vez ao mercado no Xapón o 21 de abril de 1989, chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome (Liña Game Boy). Foi creada por Gunpei Yokoi e o equipo de desenvolvemento Research and Development 1 da Nintendo.

A Game Boy foi o segundo sistema portátil da Nintendo despois das series da Game & Watch iniciada en 1980 e collía elementos tanto da propia Game & Watch coma da NES.[1] Tamén foi a primeira videoconsola portátil que incluía o xogo do Tetris.

A pesar de que durante o período no que foi comercializada foron introducidas no mercado novas videoconsolas portátiles máis avanzadas tecnoloxicamente, a Game Boy continuou a ter un enorme éxito. As vendas combinadas da Game Boy e da Game Boy Color acadaron no mundo a cifra de 118'69 millóns de unidades vendidas.

Características

Os controis principais para xogar na Game Boy están situados na metade baixa da súa parte frontal. Conta con catro botóns denominados "A", "B", "SELECT" e "START", así coma cunha cruceta direccional. AS funcións de cada un destes botóns varía dun xogo a outro.[2] No seu lateral dereito dispón dun control dial para o vlume e outro no lateral esquerdo para axustar o contraste da pantalla.[3] Na parte superior disponse o botón de apagado-encendido así como a ranura na que se introducen os cartuchos cos videoxogos.

A Game Boy tamén tiña as seguintes conexión de entrada e saída opcionais. No lateral esquerdo unha conexión para conectar a baterías recargábeis ou alimentadores de enerxía que podían substituír ás pilas eléctricas para subministrar enerxía ao dispositivo, Nintendo distribuía un pack de baterías recargábeis oficial, se ben funcionaba perfectamente con outros modelos non oficiais. A Game Boy requere 6V DC de polo menos 250mA.[4] Finalmente, unha conexión para auriculares estéreo de 3.5 mm está situada na parte inferior da videoconsola.[5]

No lateral dereito conta cunha conexión que permite aos usuarios conectar dúas Game Boy a través dun cable, co que dúas persoas poden xogar ao mesmo tempo cun mesmo xogo.[6] Nun principio este porto estaba pensado para ser utilizado en xogso nos qeu se puidese competir entre dous ou particpar dúas persoas no mesmo, mais co tempo se desenvolveu para crear tamén redes sociais de comunicación commo nas populares series de videoxogo de Pokémon.[7]

Acollida da videoconsola

Un modelo de Game Boy transparente.

Accesorios

O cable Link permite conectar dúas consolas para, nos xogos que así o permiten, xogar en multixogador

Especificacións técnicas

Referencias

  1. Beuscher, Dave. "allgame ((( Game Boy > Overview )))". Allgame. Consultado o 2008-09-11. A team headed by Gumpei Yokoi designed the Game Boy. Yokoi had previously designed hand held games for Nintendo with the cartridge based Game & Watch system, introduced in 1980. His staff, called Research and Development (R and D) team #1, had designed the successful NES games Metroid and Kid Icarus. What Yokoi's team did was create a hybrid of the NES and the Game & Watch systems. 
  2. Ver Manual de usuario
  3. Ver Manual de usuario
  4. "Nintendo Game Boy (DMG-001)". Vidgame.net. 2006. Arquivado dende o orixinal o 2008-02-11. Consultado o 2006-08-22. 
  5. Ver Manual de usuario para as diferentes conexións das que dispón a Game Boy.
  6. Ver Manual de usuario
  7. Masuyama, Meguro (2002). "Pokémon as Japanese Culture?". in Lucien King. Game On. New York, NY: Universe Publishing. p. 39. ISBN 0-7893-0778-2. "Pokémon allowed more than metaphorical communication; it made use of a system that created actual communication — a network game."

Ver tamén

Ligazóns externas