Escrita cuneiforme: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Kiilkiri
Liña 66: Liña 66:
[[eo:Kojnoskribo]]
[[eo:Kojnoskribo]]
[[es:Escritura cuneiforme]]
[[es:Escritura cuneiforme]]
[[et:Kiilkiri]]
[[eu:Idazkera kuneiforme]]
[[eu:Idazkera kuneiforme]]
[[fa:خط میخی]]
[[fa:خط میخی]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2011 ás 23:39

Mesopotamia
Río ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk
Escrita cuneiforme nunha tableta de arxila da coleción Kirkor Minassian na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.

A escrita cuneiforme é a forma máis temperá coñecida de expresión escrita da que se atoparon restos arqueolóxicos. Creada polos sumerios a finais do cuarto milenio a.C., a escrita cuneiforme xurdiu como un sistema de pictogramas. Co tempo, as representacións pictóricas simplificáronse e fixéronse máis abstractas, dando lugar ao que se coñece como escrita cuneiforme.

O alfabeto sumerio adaptouse para a escrita das linguas acadia, elamita, hitita e luvita e inspirou os alfabetos do persa antigo e o ugarítico.

Desenvolvemento

Os primeiros pictogramas foron debuxados sobre táboas de arxila en columnas verticais, cunha pluma fabricada a partir dun estilo de cánabo afiado. Despois, dous desenvolvementos fixeron o proceso máis rápido e doado: a xente comezou a escribir de esquerda a dereita en filas horizontais (rotando tódolos pictogramas en sentido levóxiro 90º no proceso) e un novo estilo de punta de cuña que foi usado introducíndoo na arxila, dando lugar a caracteres en forma de cuña (cuneiformes). Mediante o axuste da posición relativa da táboa fronte ao estilo, o escribán podía usar unha única ferramenta para unha ampla variedade de signos.

Esta táboas podían ser cocidas en fornos para dar lugar a un rexistro permanente, ou podían ser recicladas se non era necesario que perdurasen. Moitas das táboas atopadas polos arqueólogos consérvanse porque se cocían accidentalmente no momento en que exércitos atacantes prendían lume ao edificio no que se gardaban

Creado polos sumerios para rexistrar a lingua sumeria, a escrita cuneiforme foi posteriormente adoptada polos acadios, babilonios, elamitas, hititas e asirios para escribir as súas propias linguas. Foi amplamente usada en Mesopotamia durante 3000 anos, pese a que a natureza silábica do alfabeto ao ser refinado polos sumerios resultaba pouco intuitiva aos falantes de linguas semíticas. Este feito, antes de que a civilización Sumeria fose redescoberta, levou a moitos filólogos a sospeitar dunha civilización que precedese a Babilonia.

A maioría das adaptacións posteriores da escrita cuneiforme preservaron polo menos certos aspectos do alfabeto sumerio. O acadio escrito incluía tanto símbolos fonéticos do silabario sumerio, como logogramas que eran lidos como palabras completas. Moitos signos no alfabeto eran polivalentes, tendo un significado á vez fonético e logográfico. Cando o alfabeto cuneiforme se adaptou para escribir a lingua hitita, unha nova capa de pronunciacións logográficas acadias foi engadida ao alfabeto, co resultado de xa non se coñecer a pronunciación de moitas palabras hititas convencionalmente escrita con logogramas. A complexidade do sistema ten certa resemblancia co xaponés clásico, escrito nun sistema de escrita derivado do chinés; algúns destes sinogramas foron usados como logogramas, outros como caracteres fonéticos. O xaponés contemporáneo distingue graficamente os logogramas (kanji) dos caracteres silábicos (kana) pero aparte diso é un sistema similar.

Esta complexidade deu lugar a varias versións simplificadas do sistema de escrita. O persa antigo escribíase nun subconxunto de caracteres cuneiformes simplificados, que formaban un simple alfabeto semi-silábico, utilizando bastantes menos trazos en forma de cuña que os que empregaba o asirio, xunto cuns cantos logogramas para palabras que aparecían con frecuencia como "deus" ou "rei". A lingua ugarítica escribíase usando o alfabeto ugarítico, un alfabeto padrón de estilo semítico (un abjad) que se escribía utilizando o método cuneiforme.

O uso do arameo chegou a ser de gran difusión durante o imperio asirio e o alfabeto arameo foi substituíndo gradualmente ao cuneiforme. A última inscrición cuneiforme coñecida, un texto astronómico, data do ano 75 A.C..

Descifrado

Escrita cuneiforme

O coñecemento da escrita cuneiforme estaba perdido ata que en 1835 Henry Rawlinson, un oficial da armada británica, atopou algunhas das inscricións de Bisitún nun acantilado en Bisitún en Persia. Talladas durante o reinado do rei Darío I de Persia (-522 - -486), consistían en textos idénticos nas tres linguas oficiais do imperio: o persa antigo, o babilonio, e o elamita. A inscrición de Bisitún foi ao descifrado da escrita cuneiforme o que a pedra de Rosetta foi para o descifrado dos xeroglíficos exipcios. É merito de Grotefend os primeiros pasos do seu desciframento.

Rawlinson deduciu acertadamente que o persa antigo era un alfabeto silábico, e descifrouno correctamente. Traballando de forma independente, o asiriólogo irlandés Edward Hincks tamén contribuíu ao descifrado. Logo de traducir o persa, Rawlinson e Hincks comezaron a traducir os outros. En gran medida foron axudados polo descubrimento da cidade de Nínive por parte de Paul Émille Botta en 1842. Entre os tesouros descubertos por Botta estaban os restos da gran librería de Asurbanipal, un arquivo real contendo varios miles de táboas de arxila cocidas con inscricións cuneiformes sobre elas.

Por 1851 Hincks e Rawlinson podían ler xa 200 signos babilonios. Axiña se lles uniron outros dous criptólogos, un novo estudante de orixe alemá, chamado Julius Oppert, e o versátil orientalista británico William Henry Fox Talbot. En 1857 os catro homes coñecéronse en Londres e tomaron parte no famoso experimento para comprobar a precisión das súas investigacións.

Edwin Norris, o secretario da Real Sociedade Asiática, deulles a cada un deles unha copia dunha inscrición recentemente descuberta do reino do emperador asirio Tiglath-Pileser I. Un xurado de expertos foi convocado para examinar as traducións resultantes e certificar a súa exactitude.

En tódolos puntos esenciais, viuse que as traducións resultantes dos catro expertos coincidían. Houbo por suposto algunhas pequenas discrepancias. O inexperto Talbot cometera uns cantos erros, e a tradución de Oppert contiña unhas cantas pasaxes dubidosas debido a que o inglés non era a súa lingua materna. Pero as versións de Hincks e Rawlinson era virtualmente idénticas. O xurado declarou que estaba satisfeito, e o descifrado da escrita cuneiforme acadia paso a ser un fait accompli.

Transliteración

A escrita cuneiforme ten un formato específico de transliteración. Debido á polivalencia do sistema de escrita, a transliteración non é unicamente sen perda, senón que ademais pode conter máis información que o documento orixinal. Por exemplo, o signo DINGIR nun texto hitita pode representar tanto a sílaba hitita an, ou pode ser parte dunha frase acadia, representando a sílaba il, ou pode ser un sumerograma, representando o significado sumerio orixinal, deus.

Unicode

O sistema de escrita cuneiforme foi aceptado para a súa inclusión nunha futura versión de Unicode:

12000?12373 (883 caracteres) "Cuneiforme sumerio-acadia"
12400?12473 (103 caracteres) "Números cuneiformes"

Véxase tamén