Preposición: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: os:Разæвæрд
Liña 58: Liña 58:
[[nn:Preposisjon]]
[[nn:Preposisjon]]
[[no:Preposisjon]]
[[no:Preposisjon]]
[[os:Разæвæрд]]
[[pl:Przyimek]]
[[pl:Przyimek]]
[[pt:Preposição]]
[[pt:Preposição]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2011 ás 19:24

Concepto

A preposición é a clase de palabra invariable que introduce o chamado sintagma preposicional. Constitúe un nexo en tanto que liga palabras, sintagmas e ata oracións, pero subordina unha destas unidades (o elemento rexido) á anterior (elemento rexente), da cal depende a través da preposición. Preceden necesariamente a un sintagma nominal. Na análise sintáctica o sintagma preposicional divídese en dúas partes: o enlace (a preposición) e o termo (o sintagma preposicional). O seu significado é sumamente abstracto e gramatical e na lingua precursora das linguas románicas, o latín, constituíu un procedemento para evitar as imprecacións e ambigüidades do morfema de caso, alcanzando tal éxito que veu a reemprazalo nas linguas románicas.

En definitiva, as preposicións son unidades que funcionan como eixos de enlace e translación, poñendo en relación un antecedente con outro elemento, substantivo ou palabra ou grupo de palabras en función substantiva que se constitúen en complemento daquel e que podemos denominar 'consecuente'. As preposicións, que teñen que ir acompañadas por ser partículas nexativas relacionantes non autosemánticas, van case sempre antepostas ás palabras e, polo xeral, son formas átonas que se agrupan habitualmente coa palabra anterior formando un grupo acentual


Clasificación das preposicións

  • En primeiro lugar, podemos distinguir as preposicións simples das locucións preposicionais, secuencias que, coma as preposicións, son invariables en canto á forma e en nada distintas en canto á función respecto ás preposicións simples. Existen por outra parte as chamadas preposicións compostas, formadas por dúas preposicións unidas: por entre, por sobre, de entre, dende entre, para con, etc...
  • Ás preposicións fortes opóñense as preposicións febles, segundo o grao de claridade en que mostren a súa significación. As máis usuais e de carácter máis inequivocamente preposicional ("a", "de", "en") son as máis febles. Outras como "contra", menos empregadas e sen os múltiplos valores das anteriores, ofrecen unha significación máis clara e definida.
  • Algúns lingüístas (Pottier) que viron relación entre a preposición e o prefixo consideraron este como unha variante combinatoria da preposición. Establécese entón unha división por parte da Gramática tradicional entre preposicións propias e preposicións inseparables.
  • Podemos distinguir as preposicións esenciais (a, ante, ata, con, contra, de, en, entre, por, para, sen, sobre, tras) das preposicións accidentais, aquelas que, pertencendo normalmente a outras clases de palabras, funcionan ás veces como preposicións (baixo, cara, fóra, onde,...).

Véxase tamén