Pictos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: uk:Пікти
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Пікты
Liña 18: Liña 18:


[[ast:Pictos]]
[[ast:Pictos]]
[[be:Пікты]]
[[bg:Пикти]]
[[bg:Пикти]]
[[br:Pikted]]
[[br:Pikted]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2011 ás 06:29

Pedra picta en Escocia, que representa unha aguia

Pictos (latín picti) é o nome que se lle dá aos antigos caledonios que vivían na moderna Escocia. Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador Flavius Iulius Constante: os dicalidóns (dicalidonae) e os verturións (verturiones) e aliados cos attacoti (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos escotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese no reino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como Albannach ou escoceses.

O nome co que os pictos se chamaban a si mesmos é descoñecido. A palabra grega Πικτοί (picti en latín) aparece por primeira vez nun panexírico escrito por Eumenio en 297 d.C. e significa "os pintados" ou "os tatuados". Porén, poderíase deber a unha etimoloxía popular anterior, pode vir do céltico Pehta, Peihta (loitador).

Os escotos e os Dalriada de Irlanda chamábanos Cruithne (cru(i)then-túath irlandés primitivo), procedente do proto céltico kwriteno-toutā. Tamén hai Cruithne no Ulster, especialmente os reis de Dál nAraidi. Os bretóns (devanceiros dos galeses) no sur coñecíanos no dialecto céltico P como Prydyn. Os termos "Bretaña" e "britano" proveñen da mesma raíz. A forma en gaélico escocés moderno Pecht provén do inglés antigo.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesares de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de San Columba de Iona, así como varios Anais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se os compara con eles.

Sociedade

As fontes arqueolóxicas proporciónannos evidencias da cultura material dos pictos, onde vemos unha sociedade non moi diferente nin dos seus veciños gaélicos e bretóns nin dos anglosaxóns do sur. Aínda que pode servir de moito utilizar a analoxía e o coñecemento doutras sociedades "célticas", estas esténdense por unha área moi grande, polo que basearse, por exemplo, nos galos prerromanos ou na Irlanda do século XIII como fonte para estudar a sociedade picta do século IV pode dar como resultado equivocacións ou malas interpretacións.

Como pasa coa maioría dos pobos do norte de Europa na Antigüidade, os pictos eran granxeiros que vivían en comunidades pequenas: o gando bovino e os cabalos considerábanse un signo de riqueza e prestixio, tamén había gran número de ovellas e porcos. Os topónimos suxiren que a transhumancia era común entre eles. Os animais en xeral eran pequenos para os estándares posteriores, aínda que os cabalos de Gran Bretaña exportáronse a Irlanda para cruzalos cos cabalos irlandeses e aumentar a súa medida. De fontes irlandeses chegounos que a elite adoitaba competir na cría do armentío para ter as cabezas de gando de maior tamaño e non hai razón para non pensar que os pictos tamén facían o mesmo.