Wikipedia:Política de protección: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-{{EnResumo +{{Resumo)
Liña 1: Liña 1:
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
{{EnResumo|Os administradores poden protexer as páxinas da Wikipedia para evitar vandalismos nas mesmas.}}
{{Resumo|Os administradores poden protexer as páxinas da Wikipedia para evitar vandalismos nas mesmas.}}
{{Atallo|WP:PP|WP:PROTECCIÓN}}
{{Atallo|WP:PP|WP:PROTECCIÓN}}
A '''protección''' de páxinas na [[Wikipedia]] significa a restrición ao acceso ao modo de edición a un grupo determinado de usuarios. Por regra xeral, os artigos e páxinas presentes na Wikipedia non están protexidos e calquera pode modificar os seus contidos. O cambio do nivel de protección só pode ser levado a cabo por parte dos [[Wikipedia:Administradores|administradores]]. Non obstante, a protección dunha páxina non implica a imposibilidade de acceder a ela, xa que seguirá sendo visible para calquera que a visite.
A '''protección''' de páxinas na [[Wikipedia]] significa a restrición ao acceso ao modo de edición a un grupo determinado de usuarios. Por regra xeral, os artigos e páxinas presentes na Wikipedia non están protexidos e calquera pode modificar os seus contidos. O cambio do nivel de protección só pode ser levado a cabo por parte dos [[Wikipedia:Administradores|administradores]]. Non obstante, a protección dunha páxina non implica a imposibilidade de acceder a ela, xa que seguirá sendo visible para calquera que a visite.

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2011 ás 14:14

Atallos:
WP:PP
WP:PROTECCIÓN

A protección de páxinas na Wikipedia significa a restrición ao acceso ao modo de edición a un grupo determinado de usuarios. Por regra xeral, os artigos e páxinas presentes na Wikipedia non están protexidos e calquera pode modificar os seus contidos. O cambio do nivel de protección só pode ser levado a cabo por parte dos administradores. Non obstante, a protección dunha páxina non implica a imposibilidade de acceder a ela, xa que seguirá sendo visible para calquera que a visite.

Motivos para a protección

Os motivos que resultarían na protección dunha páxina son diversos, estando os segiuntes entre os máis salientables e habituais:

  • unha páxina cun número excesivo de vandalismos;
  • a inclusión reiterada de publicidade;
  • por mor dunha guerra de edicións;
  • debido a que sexa unha páxina moi visitada.

Tipos de protección

Se queres solicitar a protección ou desprotección dunha páxina, vai a Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións.

Existen varios tipos de protección, detallados a continuación.

Protección completa

Só os administradores poden editar as páxinas completamente protexidas. A protección pode ser por un período de tempo especificado ou indefinido. A lapela que habitualmente leva ao modo de edición queda substituída por outra co texto "Ver o código fonte", que permite aos usuarios ver e copiar o texto da páxina. Aos administradores si lles aparece a lapela "Editar", pero verán a caixa de edición cun fondo vermello e un aviso como advertencias.

A protección completa non significa que o administrador estea de acordo cos contidos que haxa nese momento no artigo. As modificacións relevantes feitas nas páxinas con protección completa deben discutirse na páxina de conversa correspondente. Unha vez acadado o consenso, un administrador procederá a realizar o cambio na páxina protexida.

Semiprotección

A semiprotección impide a edición por parte de usuarios anónimos (enderezos IP), así como contas recentemente creadas que non chegaron ao nivel de autoconfirmación. Este tipo de protección é a máis habitual en artigos, sobre todo aqueles que son obxecto de vandalismos recorrentes e persistentes ou por mor de violacións de políticas de contido como biografías de persoas vivas ou punto de vista neutral. Tamén entran nesta saca aquelas páxinas que sufran guerras de edicións, xa sexa por seren acerca de temas que crean controversia ou que estean de actualidade, por exemplo.

Cómpre lembrar que a semiprotección non se debe empregar como medida contra vandalismo que aínda non ocorreu. Ademais, unha páxina e a súa conversa asociada nunca poden estar protexidas á vez.

Protección fronte á creación

Os administradores poden impedir a creación dunha páxina, útil para artigos que foron borrados e logo recreados en varias ocasións por un editor. A lista de títulos protexidos está en Especial:Títulos protexidos. Tamén existe o sistema da lista negra de títulos que restrinxe a creación de páxinas ou contas de usuario que coincidan coas expresións regulares alí presentes.

Protección fronte ao traslado

Agás os administradores, o resto de usuarios non poden mover a un novo título aquelas páxinas que se atopen protexidas fronte ao traslado. Trátase dunha protección adoito aplicada a:

  • Páxinas obxecto de persistentes traslados vandálicos.
  • Páxinas obxecto de disputas polo nome que deben levar.
  • Páxinas moi visitadas que non teñen motivo para seren trasladadas, como a Taberna da Galipedia.

A protección completa inclúe esta protección fronte ao traslado.

Ao igual que coa protección completa, os administradores deben evitar favorecer un nome sobre outro, e a protección en ningún caso ha ser considerada unha preferencia polo nome actual. Unha vez se atinxa o consenso na páxina de conversa, procederase ao traslado e, se cumpre, á desprotección.

Protección fronte á carga

Os ficheiros protexidos fronte á carga non poden ser substituídos por novas versións, agás por parte dos administradores. A protección fronte á carga non impide a edición da páxina do ficheiro. Estes son casos nos que se aplica esta protección:

  • Ficheiros obxecto de persistentes cargas vandálicos.
  • Ficheiros obxecto de disputas entre editores.
  • Ficheiros que non se deberían substituír normalmente, como aqueles que aparecen na interface ou na Portada.

Ao igual que coa protección completa, os administradores deben evitar favorecer unha versión dun ficheiro sobre outra, e a protección en ningún caso ha ser considerada unha preferencia pola versión actual. Unha vez se atinxa o consenso na páxina de conversa, procederase segundo o debatido e, se cumpre, á desprotección.

Protección permanente

Algunhas partes da Wikipedia están permanente protexidas polo software MediaWiki. O espazo de nomes MediaWiki, que define a interface do sitio, está completa e permanentemente protexido; é imposible para os administradores retirar esta protección. Por outra banda, tamén están as páxinas de usuario con follas de estilo CSS (.css) e JavaScript (.js), que son protexidas automaticamente; soamente as contas asociadas a estas páxinas e os administradores poden editalas. Os administradores poden modificar estas páxinas en casos de mal uso de escrituras de usuario.

Á marxe do anterior, tamén se atopan neste tipo o seguinte:

  • As páxinas que son moi visibles, como a Portada ou o logo, Ficheiro:Wiki.png.
  • As páxinas que non se deben modificar por motivos legais ou de dereitos de autor, como a advertencia xeral.
  • As páxinas que a miúdo son transcluídas, o caso dos modelos ou imaxes empregados en moitos lugares.
  • Os ficheiros están protexidos fronte ao traslado indefinidamente por defecto.

Protección en serie

A protección en serie ou en cascada protexe por completo unha páxina, e estende automaticamente esta protección completa a calquera páxina transcluída nesta páxina protexida, tanto directa como indirectamente. Isto inclúe modelos, imaxes e outros contidos aloxados na Galipedia; os ficheiros almacenados na base de datos de Commons non se ven afectados pola protección en cascada.

A protección en cascada emprégase para evitar vandalismo en páxinas particularmente visibles, como o é a Portada. A protección en cascada está só dispoñible nas páxinas con protección completa.

Táboa comparativa

A seguinte táboa compara os efectos que teñen os diferentes tipos de protección nos editores.

Os usuarios da Wikipedia e a protección e edición de páxinas
  Anónimos e usuarios novos Usuarios autoconfirmados e confirmados Administradores
Sen protección poden editar
Semiprotección non poden editar poden editar
Protección completa non poden editar poden editar

Sinalización

Existe o modelo {{Protexido}} que serve para sinalar o tipo de protección que ten unha páxina mediante unha pequena icona que aparecerá na parte superior da páxina.