Leoncio II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Leontije
HiW-Bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: pl:Leoncjusz II (cesarz bizantyński)
Liña 43: Liña 43:
[[nl:Leontios II]]
[[nl:Leontios II]]
[[no:Leontios]]
[[no:Leontios]]
[[pl:Leoncjusz II (cesarz bizantyjski)]]
[[pl:Leoncjusz II (cesarz bizantyński)]]
[[pt:Leôncio]]
[[pt:Leôncio]]
[[ro:Leonitos al II-lea]]
[[ro:Leonitos al II-lea]]

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2011 ás 02:40

Sólido do emperador Leoncio

Leontios (Λεόντιος), en galego Leoncio (660 - 705) foi un emperador bizantino que reinou durante uns poucos anos a finais do século VII. Durante o seu breve reinado (695-698) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África (Cartago), que caeu en mans dos árabes.

Leoncio fora un xeneral que servira aos emperadores Constantino IV e Xustiniano II. Xustiniano II mandouno encarcerar tras ser derrotado polos árabes en Sebastopolis. Foi liberado en 695 e inmediatamente organizou un golpe de estado que depuxo a Xustiniano II; un emperador que era odiado pola poboación debido á súa dura política fiscal. Leoncio ordenou amputar o nariz a Xustiniano II e desterralo á colonia de Querson situada en Crimea.

O reinado de Leoncio durou escasamente tres anos e foi bastante impopular. O acontecemento máis importante do seu reinado foi a perda do Norte de África que foi conquistada polos árabes entre 697 e 698. Unha flota bizantina enviada a defender a provincia e que foi derrotada, proclamou como emperador ao seu comandante Apsimar. Ao seu regreso a flota depuxo a un Leoncio, que fora incapaz de asentar o seu poder e Apsimar, que tomou o nome de Tiberio III substituíuno como emperador.

Leoncio foi mutilado e encerrado nun convento polo seu sucesor, onde viviu ata 705, cando Xustiniano II recuperou o trono e como vinganza polos sucesos de 695 mandou executalo.

Nota: Nalgunhas listas de emperadores bizantinos, o emperador Leoncio é nomeado como Leoncio II, debido a que no século V, durante o reinado de Zenón I houbo un usurpador ao trono que se chamou tamén Leoncio.

Imperio Bizantino

Segue a:
Xustiniano II
Leoncio II
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía dos Heráclidas