Baga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: fa:میوه توتی
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Ягада
Liña 59: Liña 59:


[[ar:عوزة]]
[[ar:عوزة]]
[[be:Ягада]]
[[ca:Baia]]
[[ca:Baia]]
[[cs:Bobule]]
[[cs:Bobule]]

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2011 ás 20:36

Amorodo.
Grosella.
Framboesa.
Amora Silvestre.
Uva do Monte.
Arando.

Unha baga, en botánica, é o tipo mais común de froito carnoso simple, no cal a parede do ovario enteiro madura nun pericarpo comestible. As flores desas plantas teñen un ovario superior que ten un ou varios xineceos dentro de unha cobertura fina e interiores moi carnosos. As sementes están embutidas na carne común do ovario. Algúns autores consideran como bagas tamén algúns froitos cunha semente apenas, se a superficie desta semente non está adherida ao endocarpo.

O pericarpo da baga, normalmente comestible, está composto do exterior cara o interior por un epicarpo moi fino, un mesocarpo carnoso (chamado sarcocarpo) e dun endocarpo carnoso, o que a diferencia da drupa, na cal o endocarpo é leñoso.

Na lingua común e culinaria, o termo baga refírese normalmente a calquera froito pequeno e doce. Así, neste sentido, ao contrario do sentido botánico, un amorodo ou unha amora serán bagas, e unha banana ou unha laranxa, non.

O froito da laranxa e limón, son unha baga modificada chamada hesperidio. O froito dos cogombros e seus parentes son bagas modificadas chamadas de “pseudobagas". Á planta que contén bagas chámaselle bacífora.

Na lingua coloquial, a baga refírese a calquera pequeno froito con múltiples sementes. Os froitos agregados como a amora silvestre ou framboesa son bagas neste sentido, mais non no sentido botánico.

Moitas bagas son pequenas, doces, suculentas, e brillantemente coloridas. Contrastando co seu contexto, estes atraen máis aos animais que os comen, axudando na dispersión das sementes da planta. A maior parte das bagas son comestibles, mais algunhas son velenosas.

As cores da baga son causadas por pigmentos naturais sintetizados pola planta. Unha investigación médica descubriu propiedades medicinais de polifenois pigmentados, como flavonoides, antocianinas, tanino e outras fitoquímicas localizadas principalmente en peles de baga e sementes. Os pigmentos da baga son normalmente antioxidantes e así teñen unha capacidade radical de absorción de osixeno]] (Oxygen Radical Absorbance Capacity "ORAC") que é alta entre plantas comestíbeis. Xunto co bo contido nutritivo, ORAC distingue varias bagas dentro de unha nova categoría de comida funcional chamada "superfroitos", unha industria de mil millóns de dólares que medra rapidamente comezou en 2005 e é identificada por DataMonitor como unha das 10 mellores categorías alimentarias por crecemento no 2008[1].

Un informe de 2007 combinou catro criterios — contido nutritivo, calidades antioxidantes, intensidade de investigación médica e éxito comercial — dando unha cualificación de actividade comercial para seis superfroitos exóticos[2].

Forma botânica
Baga Pseudobaga Hesperídio Non é baga
Forma coloquial Baga Casis, Arando, Arandeira, Grosella Amorodo, Amora, Framboesa
Non é baga Tomate, Caqui, Berenxena, Guaiabo, Lúcuma, Pementa, Granada, Aguacate, Kiwi, Uva, Banana Cabaciña, Cabaza, Pepino, Melón, Sandía Laranxa, Limón, Lima, Pomelo Mazá, Pera, Cereixa, Legumes, Semente do xirasol

Notas

  1. Fresh, super and organic top trends for 2008, FoodNavigator.com-USA, November 2007
  2. Gross PM. Tracking market meteors: exotic superfruits. Natural Products Insider, November 16, 2007

Véxase tamén

Ligazóns externas