Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 26: Liña 26:
===Traducións===
===Traducións===
*''Molloy'', de [[Samuel Beckett]], [[2006]], Galaxia.
*''Molloy'', de [[Samuel Beckett]], [[2006]], Galaxia.

===Obras colectivas===
*''Poetas e Narradores nas súas voces. II'', 2006, [[Consello da Cultura Galega]].


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2011 ás 23:00

Anxo A. Rei Ballesteros, nado en Codeso, Boqueixón o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia[2].

Obras

Narrativa

  • Dos anxos e dos mortos, 1977 (reeditada en 1991 en Galaxia).
  • Loaira, 1992, Galaxia.
  • A sombra dos teus soños, 1998, Galaxia.
  • Non sei cando nos veremos, 2005, Galaxia.
  • A noite do moucho, 2009, Galaxia.

Teatro

Ensaio

  • Tempo e vinganza, 2003, Galaxia (premio Ramón Piñeiro de ensaio).

Traducións

Obras colectivas

Notas

  1. Anxo Rei Ballesteros, El País, 3/11/08
  2. Nova en Vieiros

Véxase tamén

Ligazóns externas