Río Guadalquivir: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: pnb:گواڈلکویر |
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Rio +{{Río) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{ |
{{Río |
||
| nome = |
| nome = |
||
| imaxe = [[Ficheiro:Río Guadalquivir Cordoba.jpg|250px]] |
| imaxe = [[Ficheiro:Río Guadalquivir Cordoba.jpg|250px]] |
Revisión como estaba o 20 de outubro de 2011 ás 13:07
[[Ficheiro:|250px]] Río Guadalquivir ao seu paso por Córdoba. | |
País | España |
---|---|
Lonxitude | 657 km |
Conca | 59.978 km² |
Caudal medio | 164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla) |
Desembocadura | Océano Atlántico |
O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.
Percorrido
Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Jaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.
O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartesos, iberos, romanos ou árabes.
Afluentes
Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.
Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.
Localidades importantes nas beiras
Provincia de Jaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.
Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.
Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.
Provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda e Trebujena.
Protección medioambiental
Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.