Xoán de Deus: Diferenzas entre revisións
poño foto |
m quito |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
[[categoría: Santos]] |
[[categoría: Santos]] |
||
[[es:Juan de Dios]] |
|||
[[ca:Joan de Déu]] |
[[ca:Joan de Déu]] |
||
[[cs:Jan z Boha]] |
[[cs:Jan z Boha]] |
Revisión como estaba o 20 de outubro de 2011 ás 03:20
Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.
Traxectoria
Foi pastor, soldado nos exércitos de Carlos V e vendedor ambulante de libros. A predicación de Xoán de Ávila provocou nel unha súpeta conversión, entregou todos os seus bens aos pobres e, como penitencia, fíxose o tolo ata o punto de que foi internado nun manicomio onde foi torturado e vexado. Alí instaba aos coidadores a que tiveran maior suavidade cos enfermos mentais.
Xoán de Ávila conminoulle a que deixara esa penitencia. Unha vez liberado, adicou a súa vida ao coidado de enfermos, nenos da rúa, anciáns abandonados e prostitutas, aínda que a súa dedicación especial foi aos enfermos mentais, aplicando métodos de trato humano e comprensión que tiveron moito éxito.
Enfermo de artrite, a súa doenza agravouse debido a que, nunha ocasión, botouse ás augas xeadas do río para salvar a vida dun colaborador. Enfermo e impedido, morreu aos 55 anos de idade.
Significación
Foi beatificado en 1630 por Urbano VIII e canonizado en 1691 por Alexandre VIII. Está considerado pola Igrexa Católica patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán de Deus |