Banaba: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:바나바 섬 |
m Bot: Substitución automática de texto (-coor dm +Coordenadas) |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
| [[Densidade]] || |
| [[Densidade]] || |
||
|- |
|- |
||
| Coordenadas || {{ |
| Coordenadas || {{Coordenadas|0|51|34|S|169|32|13|E|}} |
||
|- |
|- |
||
| Maior Altura || 81 m. |
| Maior Altura || 81 m. |
Revisión como estaba o 20 de outubro de 2011 ás 00:20
Banaba | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Quiribati - Kiribati |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2005) | 301 hab. |
Superficie | 5 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 0°51′34″S 169°32′13″L / -0.85944, -169.53694 |
Maior Altura | 81 m. |
Localización | |
Banaba (ou illa Ocean), é unha illa de coral habitada de 5 km² no Océano Pacífico, situada ao oeste das illas Gilbert e 300 km ao leste de Nauru. O nome Banaba na lingua local significa "pedregoso". Forma parte da república de Kiribati. O punto máis alto da illa é tamén o punto máis alto de Kiribati, con 81 metros de alto. Xunto con Nauru e Makatea, foi unha das grandes fontes de fosfato do Pacífico. A súa poboación, deportada para explotar os fosfatos da illa, abriu o proceso máis longo da historia, contra o goberno británico.
Historia
A illa foi habitada por melanesios desde o 1.500 adeC. Descubriuse en 1804 por Abraham Bristow pero mantivose relativamente intacta debido á súa illada localización e pequeno tamaño.
En 1900, Albert Ellis, un neocelandés que traballaba para unha compañia británica, descobriu que a illa era rica en fosfato de calcio, unha importante matéria prima para fertilizantes, e convenceu os nativos para asinar – cunha cruz – documentos legais que daban á compañia o dereito de explotar aquel recurso por 50 libras por ano, durante 999 anos. En 1942, a illa foi invadida polos xaponeses e os seus habitantes enviados para campos de traballos forzados noutras illas, unha vez que a sua xa estaba praticamente devastada. Ao final da guerra, os banabenses foron “recuperados” polos británicos e enviados para a illa de Rabi, que actualmente pertence a Fidxi. En 1979, as minas de fosfato foron abandonadas e moitos banabenses regesaron para verificar que o que antes eran 595 hectareas de floresta tropical, apenas quedaban mais ou menos intactas 150.
Goberno
A pesar de formar parte de Quiribati, Banaba é gobernada polo consello de anciáns de Rabi Fidxi que, ademais, teñen un dos 49 deputados do parlamento de Quiribati.