Hérulos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ms:Kaum Heruli Modificado: id:Suku Herul
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Heruloak
Liña 16: Liña 16:
[[en:Heruli]]
[[en:Heruli]]
[[es:Hérulos]]
[[es:Hérulos]]
[[eu:Heruloak]]
[[fi:Herulit]]
[[fi:Herulit]]
[[fr:Hérules]]
[[fr:Hérules]]

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2011 ás 15:56

O Imperio Romano so Hadriano (reinou do 117 ao 138), amosando a localización da tribo dos hérulos no que se cre que era o seu territorio orixinal, as illas danesas e a provincia de Skane en Suecia.

Os hérulos eran os membros dun antigo pobo xermánico, clasificada na gran confederación dos suevos, que invadiu o Imperio Romano no século III.

O antigo pobo xermano hérulo foi case con total seguridade expulsado de Escandinavia ao longo do século III e tivo a súa orixe nas costas da actual Pomerania. Segundo algúns historiadores medievais, os seus integrantes aliáronse cos godos e participaron con eles en varias expedicións levadas a cabo ao redor das costas dos mares negro e Exeo (ano 260). A principios do século VI, os longobardos venceron ao pobo hérulo e disolveron o seu reino, situado na conca do río Elba. Algúns dos seus integrantes emigraron a Escandinavia e outros enroláronse como mercenarios no exército do Imperio Romano de Oriente. O caudillo hérulo máis coñecido, Odoacro, depuxo ao último emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476 e foi nomeado rei de Italia polas súas tropas. Gobernou Italia do 476 ao 493, ata que os ostrogodos combateron e venceron o seu exército, instalándose na península Itálica.