Amicacina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Amikacin.svg|thumb|right|Amicacina.
[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]] = (2''S'')-4-amino-N-[(2''S'',3''S'',4''R'',5''S'')-5-amino-2-
[(2''S'',3''R'',4''S'',5''S'',6''R'')-4-amino-3,5-dihidroxi-
6-(hidroximetil)oxan-2-il]oxi-4-[(2''R'',3''R'',
4''S'',5''R'',6''R'')-6-(aminometil)-3,4,5-trihidroxi-
oxan-2-il]oxi-3-hidroxi-ciclohexil]-2-hidroxi-
butanamida.]]
[[Ficheiro:Amikacin.svg|thumb|right|Amicacina.
[[Nomenclatura da IUPAC|Nome IUPAC]] = (2''S'')-4-amino-N-[(2''S'',3''S'',4''R'',5''S'')-5-amino-2-
[(2''S'',3''R'',4''S'',5''S'',6''R'')-4-amino-3,5-dihidroxi-
6-(hidroximetil)oxan-2-il]oxi-4-[(2''R'',3''R'',
4''S'',5''R'',6''R'')-6-(aminometil)-3,4,5-trihidroxi-
oxan-2-il]oxi-3-hidroxi-ciclohexil]-2-hidroxi-
butanamida.]]
A '''amicacina''' ou '''amikacina''' é un [[antibiótico]] do grupo dos [[aminoglicósido]]s utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas <ref> Edson RS, Terrell CL. ''The aminoglycosides.'' Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086 </ref>
A '''amicacina''' ou '''amikacina''' é un [[antibiótico]] do grupo dos [[aminoglicósido]]s utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas <ref> Edson RS, Terrell CL. ''The aminoglycosides.'' Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086 </ref>
. A amicacina funciona uníndose á subunidade de [[30S]] do [[ribosoma]] bacteriano, interferindo coa [[tradución (proteínas)|síntese de proteínas]] causando erros de lectura do [[ARNm]].
. A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30 S do [[ribosoma]] bacteriano, interferindo coa [[tradución (proteínas)|síntese de proteínas]] causando erros de lectura do [[ARNm]].

==Administración==
==Administración==
Liña 15: Liña 15:

==Efectos secundarios==
==Efectos secundarios==
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros [[aminoglicósido]]s. Os efectos máis importantes son a [[ototoxicidade]] e a [[nefrotoxicidade]] <ref name="drugs"> Drugs.com [http://www.drugs.com/pro/amikacin.html Amikacin]</ref>. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal ([[creatinina]]) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose na eliminación renal de creatinina sérica <ref name="Gault MH et al.">{{cite journal |author=Gault MH, Longerich LL, Harnett JD, Wesolowski C |title=Predicting glomerular function from adjusted serum creatinine |journal=Nephron |volume=62 |issue=3 |pages=249–56 |year=1992 |pmid=1436333 |doi=10.1159/000187054}}</ref> en contornos clínicos.
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros [[aminoglicósido]]s. Os efectos máis importantes son a [[ototoxicidade]] e a [[nefrotoxicidade]]. Tamén ten [[neurotoxicidade]]. Pode atravesar a placenta. <ref name="drugs"> Drugs.com [http://www.drugs.com/pro/amikacin.html Amikacin]</ref>. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal ([[creatinina]]) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose na eliminación renal de creatinina sérica <ref name="Gault MH et al.">{{cite journal |author=Gault MH, Longerich LL, Harnett JD, Wesolowski C |title=Predicting glomerular function from adjusted serum creatinine |journal=Nephron |volume=62 |issue=3 |pages=249–56 |year=1992 |pmid=1436333 |doi=10.1159/000187054}}</ref> en contornos clínicos.

==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 18 de outubro de 2011 ás 11:21

Amicacina.
Nome IUPAC = (2S)-4-amino-N-[(2S,3S,4R,5S)-5-amino-2-
[(2S,3R,4S,5S,6R)-4-amino-3,5-dihidroxi-
6-(hidroximetil)oxan-2-il]oxi-4-[(2R,3R,
4S,5R,6R)-6-(aminometil)-3,4,5-trihidroxi-
oxan-2-il]oxi-3-hidroxi-ciclohexil]-2-hidroxi-
butanamida.

A amicacina ou amikacina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas [1] . A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30 S do ribosoma bacteriano, interferindo coa síntese de proteínas causando erros de lectura do ARNm.

Administración

A amicacina pode administrarse unha ou dúas veces ao día por vía intravenosa ou intramuscular, xa que non se absorbe oralmente. Nas persoas con insuficiencia renal, a dosificación debe axustarse de acordo coa eliminación de creatinina (que mide o grao de filtración glomerular renal ou GFR [2]), xeralmente reducindo a frecuencia das doses.

Usos

A amicacina úsase principalmente para tratar casos graves de infeccións hospitalarias por bacterias Gram negativas multirresistentes [3], como Pseudomonas aeruginosa, Acinetobacter, e Enterobacter. Tamén se inclúen no seu espectro a Serratia marcescens e a Providencia stuartii. A amicacina pode tamén utilizarse para tratar infeccións por micobacterias, como as da tuberculose cando os tratamentos de primeira liña non funcionan.

A amicacina pode combinarse con antibióticos beta-lactámicos para realizar unha terapia inicial previa ao diagnóstico definitivo en persoas con neutropenia e febre.

Resistencia

A amicacina é moi difícil de inactivar polos sistemas bacterianos, polo que é difícil que aparezan resistencias. A amicacina é inmune ao ataque da maioría dos encimas inactivadores bacterianos; esta protección realízaa o residuo L-hidroxiaminobuteroil amida (L-HABA) unido ao nitróxeno en posición 3, que inhibe a acetilación, fosforilación e adenilación no anel do azucre situado a maior distancia (C-2,C-3,C-4). Para previr o desenvolvemento de resistencias bacterianas a este antibiótico extremadamente poderoso, o seu uso está estritamente regulado.

Efectos secundarios

Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros aminoglicósidos. Os efectos máis importantes son a ototoxicidade e a nefrotoxicidade. Tamén ten neurotoxicidade. Pode atravesar a placenta. [3]. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal (creatinina) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose na eliminación renal de creatinina sérica [4] en contornos clínicos.

Notas

1. Edson RS, Terrell CL. The aminoglycosides. Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086
2. GFR Calculator at cato.at - Cockcroft-Gault - GFR calculation (Cockcroft-Gault formula)
3. 3,0 3,1 Drugs.com Amikacin
4. Gault MH, Longerich LL, Harnett JD, Wesolowski C (1992). "Predicting glomerular function from adjusted serum creatinine". Nephron 62 (3): 249–56. PMID 1436333. doi:10.1159/000187054.

Véxase tamén

Outros artigos